19/2/26

11 FEBREIRO DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 

 Non queremos esquecernos dunha importante data do mes de febreiro: o día 11 conmemórase o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Por este motivo, a biblioteca en colaboración co Departamento de Bioloxía expuxo obras relacionadas con esta celebración e a profesora Miriam de Bioloxía realizou un pequeno mural con imaxes de mulleres científicas de moita relevancia. Ademais diso organizou un xogo de pistas con 1ºESO arredor da figura de Jane Goodall, unha etóloga inglesa e Mensaxeira da Paz das Nacións Unidas que foi sen dúbida unha das figuras máis influentes nos movementos ecoloxistas e polos dereitos dos animais do noso tempo. Faleceu o 1 de outubro de 2025 e  deixa unha pegada indeleble no estudo dos grandes simios. Outro dos xogos de pistas xirou arredor da figura de  Rachel Louise Carson 1907-1964) que foi unha bióloga mariñaconservacionista e escritora estadounidense que, a través da publicación de Primavera silenciosa en 1962 e outros escritos, contribuíu ao lanzamento do movemento ambiental moderno. De todo isto deixamos aquí unha mostra en imaxes.






No hay comentarios: