12/5/09

Día escolar das matemáticas

Wordle: dia das matematicas

Con motivo da celebración do X Día Escolar das Matemáticas desde o departamento desta asignatura queremos convidarvos a descubrir as matemáticas fóra da aula.

Como cada ano por estas datas estamos a celebrar o concurso de problemas de lóxica no que todos podedes participar. Moita sorte!

Ademais este ano comezamos unha nova actividade para recordar o traballo feito por distintos matemáticos. Este curso escollemos a: Arquímedes, Newton, Gauss, Kovalevski e Noether.


O Día Escolar das Matemáticas instaurouse no ano 2000, declarado Ano Mundial das Matemáticas e celébrase o 12 de Maio.
Este día coincide co aniversario do nacemento do profesor Pedro Puig Adam, matemático, enxeñeiro, músico, poeta e pintor nacido en Barcelona no ano 1900. Este ano o tema escollido para celebrar este día é Cidade e Matemáticas.
Son varias as cidades que contan con Paseos Matemáticos que nos axudan a ver as matemáticas que encerran as rúas das nosas vilas. Entre elas están Santiago de Compostela e Ferrol.
Desde a biblioteca cremos que é o momento indicado para facervos algunhas recomendacións de lecturas relacionadas coas "mates":




El hombre que calculaba: Nunha viaxe por terras exóticas, hai moitos moitos anos, un árabe dotado dunha gran habilidade, fruto dun espíritu atento, vese sometido a distintas probas que debe resolver co seu talento matemático e o seu enxeño. Interesante e divertido é, probablemente, un dos mellores no seu xénero editado nos últimos tempos. Recomendado para 3º e 4º da ESO.

3L 4S3S1N4T0 D3L PROF3S0R D3 M4T3M4T1C4S : Un profesor propón un xogo como exame para aprobar as mates. O venres pola tarde o profe morre, pero antes lles comenta que o sobre que hai no seu peto lles indicará cómo buscar ao asasino. Non poden fallarlle…

Cuentos del cero: A través dos contos, Balbuena invítanos a coñecer dun modo ameno e divertido o mundo das matemáticas. Recomendado para 1º e 2º ESO.

Actividades arredor de Ramón Piñeiro

A biblioteca súmase ás actividades do Día das Letras Galegas 2009 dedicado a Ramón Piñeiro. O vindeiro luns día 18 de maio, como en anos anteriores, celebraremos o Maratón de lectura. O libro que imos ler este ano é "A pega rabilonga e outros relatos" de Álvarez Blázquez. Inaugurará o Maratón o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, ás 9'00h. Despois, por quendas, representantes do alumnado do Instituto de cada curso acudirán á Biblioteca para participar na lectura ininterrompida da obra ao longo da mañá.

Esperamos contar con algunha participación inesperada que chegará por canle dixital...

Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro



O Día das Letras Galegas 2009 está dedicado a Ramón Piñeiro, galeguista, editor e ensaísta. Se queres saber algo máis del, velaí van algúns enlaces de interese:
http://www.letrasgalegas.org/
http://www.realacademiagalega.org/
http://www.gl.wikipedia.org/wiki/Ramón_Piñeiro
www.timerime.com/timeline/75480 (Aquí podes ver unha biografía visual protagonizada por un neno presente nos lugares máis significativos da vida de Piñeiro)

7/5/09

Celebración do Día de Europa

O martes 5 de maio celebramos no noso instituto o día de Europa (o día propio é o 9 de maio). Persoal enviado por "Europe Direct", un organismo que traballa para a Comisión Europea, achegouse ao noso centro para animar este día e dar unhas sinxelas explicacións sobre a Unión Europea, a súa historia, as súas institucións...Tamén foron entregados os premios do concurso "Que é para tí Europa?" do que podedes ver o traballo gañador. Noraboa a Cinthia de 1ºB!



4/5/09

A historia da pantasma Calixto

Pois aqui tedes o resultado da historia que fumos creando para o día do libro. Se queredes ve-la só tedes que pinchar no libriño verde que aparece abaixo. Desexamos que vos guste!

Agradecementos:

A Matilde, por mostrarnos as bondades de Toondoo.
A Leticía (4º C), polas fotos da Picoña e o río Caselas.
E a
tod@s por participar

30/4/09

Club de lectura: Siareiros da palabra

Vinte e tres valentes alumnos e alumnas, constitúen a formación fundadora do noso Club. Co inicio do curso 2008-2009 arrancaron as actividades a ritmo de cruceiro, xa que nas horas de mediodía o corpo e o espírito piden calma e estabilidade, e é cando nós dispoñemos de tempo para reunirnos ao redor das lecturas, do cinema, das conversas e sobretodo das risas, que nunca faltan.
Seleccionamos
“Las bicicletas son para el verano”, obra teatral de Fernán Gómez, para dar un ritmo deportivo,( ma non troppo) á primeira actividade lectora, que complementamos co visionado do filme do mesmo título dirixido por Jaime Chávarri. Aproveitamos a ocasión para recrear a lectura teatral a viva voz e familiarizarnos coa linguaxe cinematográfica, desenvolvendo todo en catro sesións. Resaltamos que o tempo previo de xantar no Instituto supón para os rapaces unha excelente ocasión para confraternizar e pasalo ben, tanto que non queren ir para casa.
Durante a “Semana do Libro” a nosa xuntanza foi unha boa ocasión para ler o capítulo inicial de
“Marina” de Ruíz Zafón, que os siareiros enganchados seguirán lendo para compartir despois opinións. Foi o punto inicial dunha Asemblea para falar dos asuntos pendentes, avaliar o feito ata agora e programar o último trimestre, onde acordamos ler o libro “O señor Ibrahim e as flores do corán” e ter presente a posibilidade de ver o filme baseado en dita obra.
Siareiros organiza todos os meses a actividade
“TAMÉN LEN” con resultados satisfactorios. Agradecemos ao público a súa asistencia e participación activa. O día do Libro compartimos sesión lectora cos rapaces de Bretaña lendo textos en francés, galego, castelán, inglés, e como non, en bretón. En maio anticipamos, se todo é propicio, a nova da grata presenza do profesor de galego, Ramón, que esperamos nos agasalle coa súa obra creadora.

Finalmente, estamos negociando o
intercambio co CLUB DE LECTURA do IES. Ferro Couselo de Ourense, coordinado pola añorada e querida compañeira Paloma, profesora de castelá. A partir de agora asomaremos as nosas sonoras e apaixonadas voces por esta xanela aberta a todos e todas.

Os coordinadores do club


24/4/09

Os/As franceses...Tamén len

O día 23 de abril tivemos no Instituto unha celebración moi especial do Día do libro.
Os convidados á sesión mensual do “Tamén len” foron os alumnos/as franceses que realizan o intercambio co noso Instituto, que nos visitaron na semana do 20 ao 24 de abril.
Na sesión de lectura participaron mozos e mozas franceses e tamén do Pedras Rubias. Léronse anacos de textos en francés, bretón, galego, español e inglés. Como podedes ver nas fotos, o salón de actos estaba petado de xente. Que grande celebración para a festa das palabras e a lectura!

Le 23 avril nous avons eu une célébration très spéciale au Collège Pedras Rubias lors de la journée du livre.
Les élèves français qui étaient en échange linguistique à Salceda du 20 au 25 avril ont été invités à cette séance mensuelle de « Eux aussi, ils lisent ». Des garçons et des filles français et espagnols ont participé à cette séance. Ils ont lu des petits extraits de textes en français, en galicien, en espagnol et en anglais. Comme vous pouvez voir sur les photos, la salle polyvalente était pleine à craquer.
Une très grande fête des mots et de la lecture !


17/4/09

Cres en pantasmas? Axúdanos a darlle vida a Cali!

Mañá, xoves 23 de abril, celébrase o día do libro e desde o blog da biblio queremos celebralo creando un cómic entre tod@s. Como? Pois moi fácil, abaixo tedes as primeiras viñetas. Agora, a través dos comentarios, temos que construír a historia de Calixto (Cali, para os amigos). Só hai que ler o que haxa e seguir o fío engadindo unha frase ou un parágrafo, e a ver que sae... Nós iremos actualizando as viñetas co voso texto ata telo terminado. Contamos coa vosa participación xa que sen vós non hai historia, así que animádevos e... veña, a darlle vida a Cali...



\Toon\

16/4/09

Primavera, poesía e hormonas: Os vosos comentarios

Desde este blog queremos agradecervos a estupenda acollida que amosáchedes á entrada sobre poesía. Nótase que o das hormonas é real e non saben de idades... Así que decidimos publicar como se merecen os poemas e fragmentos que compartíchedes con nós a través dos comentarios. Moitas grazas a tod@s e seguide participando!
Bloque entrecomillado

1/4/09

Mii cuentoO peRfectoO gaña o "101 palabras de amor"

¿Cómo explicar todo lo que nuestros corazones sienten en unas simples palabras? Cada mirada, cada caricia, cada beso, cada abrazo...SENTIMIENTOS...los mismos sentimientos por los que me levanto cada mañana deseando volver a verte, a sentirte junto a mi, para SIEMPRE... Tú me enseñaste a querer como nunca había querido y por eso ahora tengo miedo a que esto se acabe y a que después no pueda seguir adelante sin ti, ya que mi corazón late porque estás tú. No importa lo que piesen los demás..lo único que importa es que TE QUIERO...(L)


Como vos quedades despois disto? Mii cuentoO peRfectoO, ou sexa, Ariadna (3ºB) recibiu o xoves 2 de abril o seu premio como GAÑADORA do concurso "101 palabras de amor".

Fixeron entrega do "Vale por unha cea romántica" os maqueadores de 3ºB, Jesús e Ana.

Agora só nos queda ver con quen vai de cea... Ollo, Ari, estaremos vixiando.... e que aproveite!!

Moitas grazas a todos e todas por participar. Esperamos que sigades así.


31/3/09

Los pájaros prohibidos

Los presos políticos uruguayos no pueden hablar sin permiso, silbar, sonreir, cantar, caminar rápido ni saludar a otros presos.

Tampoco pueden dibujar ni recibir dibujos de mujeres embarazadas, parejas, mariposas, estrellas ni pájaros.

Illasco Pérez, maestro de escuela, torturado y preso por tener ideas ideológicas, recibe un domingo la visita de su hija Milay, de cinco años.

La hija le trae un dibujo de pájaros. los censores se lo rompen a la entrada de la cárcel.


Al domingo siguiente, Milay le trae un dibujo de árboles. Los árboles no están prohibidos, y el dibujo pasa.

El padre le elogia la obra y le pregunta por los circulitos de colores que aparecen el las copas de los árboles:

-¿Son naranjas? ¿Que frutas son?

La niña lo hace callar:

- Schhhiit

Y, en secreto, le explica:

-Bobo, ¿no ves que son ojos? Los ojos de los pájaros que te traje a escondidas.
Texto: Eduardo Galeano
Debuxos: Esther Quintas Salgado
Adicado desde o IES Pedras Rubias a Benjamín Otero, profesor substituto de Música en marzo do curso 2008-09

27/3/09

Primavera, poesía e hormonas.

E chegou de novo a primavera!

Hai tempo que no noso blog había un baleiro imperdoable (en realidade hai moitos): o da poesía. Pero chegou a primavera e con ela o renacer dos sentidos e a explosión das hormonas. Non, non me estou metendo con vós, aínda que vos diga nas clases que quen vos aturará cando chegue a primavera :)). Así que este é o momento para dar vía libre as endorfinas (drogas naturais que o noso corpo segrega cando estamos, ou cremos estar namorados) e disfrutar da poesía. O tema, como non, O Amor.

Facer unha escolma resulta moi díficil, cada quen ten os seus gustos, e o tema dá para moito, así que aquí vos vai unha pequena selección que queremos completar coa vosa participación. Feliz primavera a tod@s!







22/3/09

De vampiros a ... extraterrestres!


THE HOST (A HÓSPEDE)




"A terra ven de ser invadida..."



"Wanderer, unha alma invasora, ocupa o corpo de Melanie..."



"Melanie négase a desaparecer..."

"Jared, un humán que vive oculto..."

"As dúas acabarán compartido o desexo e a paixón por Jared..."

UN TRIÁGULO AMOROSO CON SÓ DOUS CORPOS

Xa está aquí a nova novela de Stephenie Meyer, a autora da saga "Crepúsculo". Tes curiosidade?


O señor Ibrahim e as flores do Corán

"Aos once anos, rompín o meu porquiño e fun visitar as putas."

Así comeza a historia de Momo, un rapaz xudeu, que creceu sen coñecer o cariño nin os aloumiños nin os xogos, na rúa azul do París dos anos 60 e que traba amizade cun tendeiro sufí que lle ensinará o significado da tenrura.

Entre ámbolos dous medrará unha relación que non entende de diferenzas culturais nin relixiosas. Momo aportará inxenuidade e vitalidade e Ibrahim daralle a familia que non tivo e lle ensinará a transformar a vida cun sorriso.

Se todo isto non vos anima, aínda hai outra boa nova para os preguiceiros, é moi curtiño e ten a letra grande. Vaia, que se le nun pestanexo!

Sei que algúns de vós xa o lestes e outros o estades a ler agora, así que deixádenos a vosa opinión!

Este libro de Eric-Emmanuel Schmitt tamén ten versión cinematográfica. Aquí vos deixo unha pequena mostra dalgunhas escenas (en francés, que axiña se aveciña o intercambio, e hai que ir practicando).







13/3/09

El lector


Escrita por Bernhard Schlink, está ambientada na Alemaña da segunda metade do S.XX, e conta a historia de amor entre o protagonista Michael Berg, de 15 anos e unha cobradora do tranvía de 36.
Esta historia pasaxeira (Hanna desaparecerá un día sen deixar ningún rastro) marcará a vida do protagonista que volverá saber dela, moitos anos despois, ao asistir aos xuizos contra criminais de guerra dos campos de concentración nazis.
É unha novela conmovedora que nos fai reflexionar sobre o amor, os principios, as relacións de poder dentro das parellas, a ética...e como trasfondo: o pracer de ler e escoitar historias.

O libro foi publicado no ano 1995 e traducido a case corenta linguas.

A versión cinematográfica estrenouse en España hai un mes escaso e ven de acadar o Óscar á mellor actriz para Kate Winslet (protagonista de Titanic).