Comezamos as nosas recomendacións lectoras. Esta vez unha das nosas alumnas de 1º BACH (Lucía) e dous dos nosos integrantes do equipo de voluntariado da biblioteca (Vero de 1º ESO e Adrián de 2ºESO) fannos as súas achegas. Seguiremos en breve con novos títulos. Aquí vos deixamos as tres recomendacións desta ocasión:
29/11/22
15/11/22
MAGOSTO E SAMAÍN TERRORÍFICOS
O venres 11 de novembro celebramos un ano máis o noso magosto e samaín. Parabéns ao Equipo de Dinamización Lingüística polo seu labor. Xenial coma sempre. Dende a biblioteca colaboramos con moito gusto no evento. Aquí van unhas fotos da xornada co noso expositor de literatura terrorífica e das cabazas e receitas de outono que participaron nos concursos. Parabéns a 1º ESO C que resultou a aula gañadora. E tamén parabéns a todos os profes e alumnado que participou. 💪
3/11/22
TAMÉN LEN: VOLVEMOS
Tras dous cursos de parada obrigatoria a causa da pandemia, por fin volvemos pór en marcha a nosa actividade "Tamén len". Como en ocasións anteriores contamos coa presenza dalgunha persoa da contorna próxima que vén compartir a súa experiencia lectora e facer recomendacións para animarnos a ler e gozar coas historias que se agochan nos libros. Nesta ocasión tivemos o pracer de recibir a Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas. Presentou e leu un fragmento da obra Anagnórise de María Victoria Moreno, un clásico da literatura galega de principios dos 90 que naquel momento atrapou a Verónica. Animounos a ler, a loitar polos nosos soños e a atopar o camiño certo tal como lle ocorreu a ela tras a lectura da obra. Agradecemos a súa presenza e o tempo que dedicou a compartir con nós esta experiencia lectora.
27/10/22
NOVA ANDAINA DO NOSO CLUB DE LECTURA
Arrancamos un novo curso no noso club de lectura, Seareiros da palabra. A primeira sesión tivo lugar o 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas. Nela presentamos os libros que imos ler e aos integrantes deste curso, tanto profesorado como alumnado. Contamos con dous grupos de 1º e 2º ESO e un grupo de 4º ESO e agardamos que se sumen novos membros ao club de cómic e manga que arrancou o curso pasado.
Este curso o lema da biblio é "A biblioteca escolar ten a palabra" polo que nas lecturas escollidas veremos como o poder das palabras está presente na resolución de conflitos e na descuberta de emocións. Deixamos aquí unha fotiño dalgúns dos títulos que se lerán.
24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe luns 24 conmemórase o Dia Internacional das Bibliotecas, que busca promover e celebrar a importancia destes edificios para a cultura humana, as súas crenzas e os seus escritos. Desde 1997 xorde esta iniciativa da man da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil, en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo que puido ser reconstuída e aberta de novo en 2014. No noso IES decidimos crear este pequeno espazo no que colocamos roliños de papel que conteñen fragmentos de textos de diferentes autores e autoras (Domingo Villar, Rosalía de Castro, Pablo Neruda...), para agasallar a todos e todas os que quixeron coller un e gozar da súa lectura. Esperemos que así se animasen a seguir descubrindo e lendo. Ademais dende a radio e organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística, tivemos un programa especial dedicado a este día onde o noso alumnado leu fragmentos da obra de Francisco Feernández del Riego, o autor homenaxeado en 2023 no Día das Letras Galegas. Grazas a todos e todas.Os andeis da biblioteca agárdanvos cheíños de historias e soños. Deixamos aquí unha mostra do traballo feito.
18/10/22
XA COMEZOU UNHA NOVA ANDAINA
NOVO CURSO 2022-23 E NOVOS PROXECTOS. A nosa Calixtina comeza outra vez a súa andaina e vén cheíña de ilusión e ganas de facer cousiñas. Imos devagariño mais tentaremos ir presentándovos as novas adquisicións e actividades que nos agardan. Lembrade que un libro agocha mil historias e que é un bo compañeiro de viaxe. Nunca deixedes de soñar. Deixamos aquí un brevísimo pero intenso poema de Yolanda Castaño para ir adentrándonos na maxia das palabras. Este ano o noso lema será "A biblioteca escolar ten a palabra" así que encheremos de letras a nosa biblio e iremos conformando historias con elas que nos farán gozar e sentir.
💜
"Ti e eu seremos sempre dúas liñas paralelas"
Yolanda Castaño
4/6/22
CLUB LECTURA CURSO 2021-22
Este curso, por motivos persoais da coordinadora da biblioteca, non lle demos moito pulo ao noso blog polo que queremos facer un pequeno resumo final a modo de memoria do que foron os clubs de lectura deste curso. É salientable a pouca afluencia de alumnado ao club este ano e esperamos que o próximo curso se retome con enerxía esta actividade lectora que axuda a compartir experiencias lectoras e a gozar e reflexionar en grupo con diferentes obras que se van presentando e seleccionando cada avaliación. Debido á escasa presenza de alumnado que formase parte do noso club dó foi posible contar cun club de 1ºda ESO reapartido en dous grupos a cargo respectivamente da profesora de galego Carme e da profesora de bioloxía Tania. Tamén contamos este ano como novidade cun club de manga e banda deseñada a cargo da profesora Cristina de inglés e do profesor Cristian de Educación Plástica. Neste caso comentáronse novidades e lecturas propias de alumnado e profesorado relacionadas co mundo manga, o anime e a banda deseñada.
As lecturas realizadas no club de lectura de 1º ESO foron as seguintes:
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas e Nata e chocolate de Alicia Borrás, no 1º trimestre.
- Vaiche boa! De Paul Jennings e Nata y chocolate invencibles de Alicia Borras, no 2º trimestre.
- Nómades, unha novela gráfica de Xosé Tomás e Percy Jackson, el ladrón del rayo de Rick Riodan, no 3º trimestre.
DIPLOMAS VOLUNTARIADO CURSO 2020-21
25/5/22
MÁIS NOVIDADES
Seguimos presentando novas adquisicións, neste caso novidades editoriais tanto en galego como en castelán coas que vivir novas aventuras, descubrir as orixes dos libros.
--- Comezamos co novo título de Xavier Quiroga:
--- É agora a quenda dun novo libro de Ledicia Costas:
--- Dámos paso agora ao best-seller de Irene Vallejo:
NOVAS ADQUISICIÓNS ESTE CURSO
Pouco a pouco imos renovando fondos e queremos achegarvos algunhas das nosas novidades deste curso. Novas adquisicións en diferentes formatos que desexaredes ter nas vosas mans. A literatura non só é para ler, imaxinar e vivir historias senón tamén para gozar visualmente con propostas como as que aquí vos traemos, preciosas obras en formato pop-up como a deste clásico universal, neste caso en lingua castelá, El Principito que nos convida a experimentar e decubrir tras as lapelas as vivencias do pequeno príncipe:
10/5/22
MERCADO DE LIBROS
29/3/22
NON ÁS GUERRAS
9/3/22
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
23/2/22
23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe lembramos o nacemento de Rosalía de Castro e facemos no noso centro unha pequena homenaxe a esta escritora a cal encheu de vida a nosa lingua a través das súas poesías. Dende a publicación dos seus Cantares Gallegos en 1863 converteuse xa nun símbolo para Galicia.
Naceu un 23 de febreiro de 1837 nunha casa do Camiño Novo que daquela pertencía ao Concello de Conxo (hoxe Santiago de Compostela). Filla da fidalga María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía e do sacerdote José Viojo é criada polas tías paternas ata que pasa a vivir coa súa nai en Santiago. Casa con Manuel Murguía en 1858 de cuxo matrimonio nacen sete fillos. Morre prematuramente aos 48 anos en 1885.
O 17 de maio de 1863 publica Cantares Gallegos e será este o motivo que leve á escolla deste día (17 de maio) para a celebración do Día das Letras Galegas sendo ela a primeira homenaxeada en 1963.
Deixamos aquí unhas imaxes da nosa pequena homenaxe coa que pretendemos mostrar como pervive ao longo do tempo e como a súa figura está presente en moitos dos nosos momentos cotiáns: cando portamos unha xoia, un bolso, unha camisola, cando escribimos ou mesmo cando nesta época actual de pandemias portamos unha máscara. Non esquezamos que mesmo outras culturas tan afastadas á nosa como a xaponesa senten interese, coñecen e espallan a obra rosaliana tal como fixo o profesor xaponés Takekazu Asaka que vén de finalizar a tradución ao xaponés de Follas Novas como xa fixera previamente cos Cantares Gallegos.
Dende "Onda Raia" tamén tivemos unha programación especial coa entrevista a Xoán Eiriz e Suso Díaz, cantante e poeta respectivamente, que veñen de presentar un disco sobre a nosa autora, "Amada Rosalía".













.jpg)

.jpg)






















