15/10/08

Compartindo a lectura con... Irma

A lectura de " La ladrona de libros" de Markus Zusak, non estivo completa ata que non comentei o libro cos amigos e amigas que tamén o leran.
Recomendo este libro a todos aqueles que lles guste ou non ler. O formato publicado en Lumen pareceume moi atractivo e, a pesar do volume do libro, ao abrilo invítache a coñecer o que contan esa cadea de palabras encabezadas por pequenos títulos que enlazan uns capítulos cos outros e pouco a pouco desvelan o final da historia.
A protagonista, Liesel Meminger, é unha rapaza como moitas de vós: viva e esperta, travesa, sensible, apaixonada, intrépida... que vive nunha sociedade e nunha época onde a morte convive con todos eles como unha personaxe máis.
Anímote a que coñezas esta historia e a compartas con nós, xa me contarás que che parece...

3 comentarios:

Ana dijo...

Eu tamén lin "la ladrona de libros" e, que podo dicir? Simplemente, encantoume! Había tempo que un libro non conseguía emocionarme dese xeito.
Se teño que destacar algo sería a orixinalidade coa que está contado e a ternura dos personaxes inesquecibles: Liesel, Rudy, Hans...

irma dijo...

Unha cita de "La ladrona de Libros", para ver se podo aumentar o voso interese...
" Vi a la Ladrona de Libros en tres ocasiones,Sí la recuerdo a menudo y conservo su historia en uno de mis múltiples bolsillos para contarla una y otra vez.Es una más de la pequña legión que llevo conmigo, cada una de ellas extraordinarias a su modo.Todas son un intento, un extraordinario intento de demostrarme que vosotros, y la existencia humana, valéis la pena.
Aquí está.Una más entre tantas.
La ladrona de libros.
Si te apetece, ven conmigo Te contaré una historia.
Te mostraré algo."
La ladrona de libros.
Markus Zusak.

Esther dijo...

ENON LÍN O LIBRO PERO TEN UN TÍTULO ALGO CURIOSO NON???


VoU TER QUE LELO TAMÉN...


BICOS

***ESTHER***