Na semana da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, como actividade complementaria, vos propuxemos que crearades ou copiarades unha cita que podía ter como temática os libros ou ser de tema libre. Todos colaboráchedes a través das titorías cos vosos post-it de cores creando o mural "centos de citas, un punto de encontro" que quedou ben fermoso, como podedes ver nas fotos de abaixo.
A partir de agora, iremos colgando no blog unha selección de ditas citas, xunto cunha enquisa para que votedes ás vosas favoritas. Non vos esquezades de participar!
1 comentario:
Grazas a participación dos titores e titoras e de todo o alumnado, "Centos de citas un punto de encontro" é un mural que vai máis alá do decorativo...
Publicar un comentario