O pasado luns día 18 levouse a cabo a maratón de lectura do Día das Letras Galegas. Tomou a saída Marcos Besada, alcalde de Salceda, e foron collendo o relevo alumnos/as do Instituto. Tamén había profes e invitados do Colexio Altamira, pero sen dúbida a aparición estelar foi a de Fernando e o seu pequerrecho, Xián Telle, que estiveron connosco a través de videoconferencia (que modernos!). Paréceme que a Xián non lle gustou moito o relato de "A Pega rabilonga" porque terminou fungando. Xa sabes, Fernando, a inicialo no pracer da lectura!
A maratón continuou durante toda a xornada escolar e foi pechada pola nosa dire, Chefa, como debe ser. Todos os participantes recibiron o seu correspondente diploma pola súa participación. Foi un día moi especial.
6 comentarios:
ola!
somos saray e carla de 4ºa
A actividade parececeunos moi interesante e entretida, ademais estaba o noso alcalde Marcos Besada.
Bueno un bico a todos
pareceme unha merda
pareceume ben aberia que facer mis concursos e moi entretenida
Ola!
Eu participei na actividade por primeira vez e pareceume interesante.
Un saudo.
A actividade foi moi chula e estaba moi ben organizada. Debería repetirse.
Eu tamén participei e pareceume interesante..principalmente cando fernando leio por ordenador! =)
creo que se deberia repetir!
Publicar un comentario