Este xoves, 21 de maio, tivemos unha visita moi esperada, a do noso excompañeiro/exprofe e asiduo comentarista deste blog Ramón, que aproveitando que andaban de festas en Santiago, acercouse a Salceda e compartiu con nós unha nova xornada de lectura en común entrañable.
O relato escollido títulase A máscara e, para os que non puidechédes asistir, está reproducido abaixo. Fermoso e inquietante, así o definiría eu. Pero ademais, coa súa proximidade habitual, Ramón falounos de moitas máis cousas: de como se convertiu en devorador de libros, dos seu gustos, da prosa poética (da que el non gosta especialmente), etc.
Ovacionado coma se merece despediuse de nós ata a próxima, que esperamos sexa ben pronto. Grazas!
4 comentarios:
OLA!!
Ramon es un crack!!!
moitas grazas por todo !!
segue asi !!
:)
ola:
bueno eu non asintin o acto pero dende aki un saudo para Ramon!!
adeus!!!
Ola, graciñas pola boa acollida. Foi unha mágoa que non puidésemos charlar máis, porque me gustaba saber que tal vos ía por eses lares. Pero, claro, é tanta a xente do meu aprezo nese instituto (entre profes e alumnado) que non me chegarían as mil e unha noites para escoitar tantas "historias".
O outro dia tiven a sorte de coñecer a Bernardo Atxaga e asombroume moitísimo a súa grande humanidade, e como aguantou o rollo de canta persoa se achegou a el para contarlle o moito que admiraba a súa obra (e de paso contarlle as súas penas; e o pobre do home alí, escoitando con toda a amabilidade do mundo. Vaia, un flipe de tío. Alegroume o día ver que aínda hai xente así). Bicos e grazas polo "tamén len", e por todo. Grazas tamén aos dous anónimos anteriores.
Ramón
buenaa ramon!!! te echamos de menos por aki! aver si vuelves a visitarnos otra vez ee!! que se te hecha de menos!
mui buena la entrevista
weno pos que te valla bien x alli donde estes, aunque ninca volveras a tener a unos aqlumnos tan enrrollados como nosotros!!! jajjajajajajaajaaa!!!!!
enga
bss
chao!
Publicar un comentario