16/10/09

Éranse unha vez ...os MQs


Cando en setembro do ano pasado comezamos a crear este blog tiñamos algo ben claro; queríamos un blog vivo, no que participase toda a comunidade educativa, sobre todo o alumnado. Para iso compría que os alumnos vos sentirades partícipes de todo o proceso, desde o deseño ata os contidos e de paso nos botárades unha man. Así naceu a campaña "Búscanse asesores adolescentes para o blog da biblioteca".

Ao principio erades trece (mal número senón crece) pero foi medrando. Escollíchedes un nome: Os maqueadores do blog "MQs" e xuntos fomos aprendendo, e pasando bos momentos.

Este ano queriamos publicitar o blog entre o alumnado de 1º e 2º da ESO e vos fúchedes polas clases. O voso éxito foi ROTUNDO e na primeira reunión érades máis de 60 persoas.

Que podemos dicir? Que estamos flipadas, moi moi contentas e con moitas ganas de traballar con vós. Definitivamente estamos a facerlle honra o noso nome, e o blog está máis vivo ca nunca.

MOITAS GRAZAS MQs.

10 comentarios:

Esther (MQ) dijo...

OH!! Q boniiiitoOOo!!

Nós tamén temos moitas ganas de traballar e haber se este ano o pasamos aínda mellor...

Grazas pola entrada profes!!! (L)

PD: E grazas a Susana polo libroOo!!! =D

Susana dijo...

Traballar o curso pasado cos MQs foi un descubrimento e toda unha experiencia. Para que logo digan que os adolescentes non se motivan con nada!! Moitas grazas polas vosas ideas, pola vosa forza e o voso interese. Espero que a experiencia deste curso sexa igual de satisfactoria. Polo de agora... parece que si! Grazas a todos/as os que colaborades connosco, este blog sen vós non sería o mesmo... simplemente non existiría!!

NovyS(MQ) dijo...

holaaaaaaaaaaaaaaaaaaa........
buaaaaaaa....k flipada...jajaj...mola moito..Que gracias a nos (Esther,Jesus,Lara,Jesica,.......) k nos pateamos todas as clases a dar charlas do blog molestando a todas as clases jeje...
Eu non estaba o mércores pa mirar o noso exito xk non puiden ir...

Bueno este ano vai ser morrer xa k hai moita xente e vamos ter máis axuda...e x suposto este ano ten k haber un premio ehh??..
bueno....deixo aquí k xa se me terminou a inspiración...

eña un saudo e x suposto xa nos miraremos....



**********NovyS********

Misterio dijo...

Ola!!!

Pois eu penso q mellor co ano pasado non o van a facer(so os q teñen a experiencia dos Mqs)jejeje, pero sede vos e axudade os q non se enteran eh???

Canto se bota en falta todo isto!!!

Bueno pois isto vai especialmente pa esther e novis:q teñades boas imspiracións e q dar exemplo d como qedou o blog o ano pasado, tamen estudiade e portarvos ben.

Solo decir q o pasedes tan ben como cando estiven eu e q vos imspiredes moito!!!

A profe Ana un bico moi forte e q sepades q é moi boa aunq teñades outro concepto.

Aqui me despido e xa volverei a deixar + comentarios.

Moitos bikos e ata sempre.

ana dijo...

Un bico para ti tamém. Se eres quen penso me esquecín de deixarche as fotocopias :(( Esta semana sen falta.

Lara ^^ dijo...

U.U
que tal andamos ?
claro que conseguimos a moita xente, como non XD
pero bue, agora que estou de volta penso concentrarme en decorar ese tablón jejeje
moitos bikos
e un saudo a todos ^^

Anónimo dijo...

El blog molaaaa!!!!!!!!!

Fernando dijo...

Felicidades a toda a xente que traballástedes no blog o ano pasado, resultou moi interesante. Espero que este ano todavía o collades con máis ilusión, que iso logo refléxase no blog. Un saúdo para os novos maqueadores, e felicidades a Susana e Ana, dá gusto entrar de vez en cando no blog e espero este curso facelo con máis frecuencia...
Por certo, que é de Cali, o morador perpetuo da biblioteca, que hai tempo que non temos novas súas.

Angel dijo...

(MQ)O blog esta moi ben, e grazas por dedicarnos esta entrada..

biblosvivos@gmail.com dijo...

Grazas Fernando. Contamos coas túas visitas e as túas suxestións. Respecto de Cali, non podemos desvelar segredos pero reaparecera en breve, e ti? Todos esperan que fagas o cangrexo ruso, :D