9/11/09

"Ghostgirl" e "Bel", as rapazas pantasmas están de moda

Cali debe estar contentísimo, xa que o último berro en libros é a historia de dúas rapazas pantasmas.


O primeiro, Ghostgirl e a súa segunda parte Ghostgirl: el regreso, conta a historia dunha rapaza que se sente invisible no seu instituto. Sen amigos e namorada dun rapaz superpopular no centro, adica o verán a trazar unha estratexia para cambiar a súa situación...Pero o primeiro día de curso morre atragantada cun oso de gominola no laboratorio de Física (ehem, ehem).

Cunha edición coidadísima e unha páxina web desde onde podedes descargar salvapantallas para móbil, marcapáxinas, a música que escoitan os protagonistas (se queredes visitala premede no título) e ata o seu myspace!.

O segundo, Bel: amor más allá de la muerte, é a historia dunha moza, Bel, que se resiste a abandonar este mundo (está morta) porque aínda ten unha conta pendente...Tamén conta cunha páxina web do máis completa e o libro incorpora un CD con música de Mc Fly, xa que unha das súas cancións é moi importante no libro. Déixovos que volo conte a súa autora, Care Santos.

11 comentarios:

Fada dijo...

Gústame moito! a verdade e que sorprendeme a actualización do blog.Enhoraboa, estades a última!!
Bicos.

Anónimo dijo...

Hola! Soy Alejandro (4ºB el año pasado xD) Ana necesitamos javi y yo que nos expliques como hizo el "gran" Avogadro para saber el numero de particulas de un mol. Es para un trabajo que nos mando Indalecio, no tenemos fecha para entregarlo pero supongo que no se podrá tardar mucho... Si quieres pídele a Lucia o asi mi numero o mi mail y me mandas un correo o algo. Muchas gracias! y muy bonito esta ahora el blog, el pasado año era mas soso, jaja...

ana dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ana dijo...

Ola Alex,
Avogadro non descubriu o número de partículas que hai nun mol. Iso é un número arbitrario que foi escollido (volo expliquei o curso pasado, ehemm) para que coincida que, por exemplo, se un átomo de Na ten de masa 23 umas un mol de átomos de Na ten de masa 23 g. É dicir, é o fator de conversión para pasar de umas a gramos.
Avogadro descubriu que volumes iguais de diferentes gases, á mesma presión e temperatura, contiñan o mesmo número de partículas "Lei de Avogadro" e ó número lle puxeron o seu nome na súa honra.

A próxima vez, deixade a dirección de mail, porque este comentario vai quedar un pouco raro no blog da biblioteca.

A ver se vos pasades polo blog e nos deixades comentarios ou nos honrades coa vosa presenza.
Moitos saúdos!

Susana dijo...

IMPORTANTE: SE ALGUÉN NON LEU O LIBRO, QUE NON LEA O MEU COMENTARIO
Eu lin "Bel: Amor más allá de la muerte". Gustoume sobre todo a presentación, a páxina web...dá gusto ler libros así de coidados! O contido do libro... ehem... Creo que a primeira parte está moi ben, crea intriga e engancha. Despois, para min, o libro vai a menos. Paréceme esaxerado pensar que unha moza vai matar a súa amiga por intentar quedar co seu noivo. O personaxe de Andrea non o vexo crible (nin recomendable!!)nin tampouco todo o que ten que pasar para namorar a Isma (os conxuros, acusar falsamente o pai da súa amiga...). Non creo na bruxería de 300 euros! Son fan da serie "Entre fantasmas" e o personaxe de Bel xa me gusta máis(aínda que non creo nos espíritos): as súas visitas ao cemiterio, os contactos coa nai, a súa presenza na wija dos colegas do Instituto... En fin, que se o queredes ler, ler é importante e está ben, anque creo que podedes atopar lecturas mellores. Agora vou a por Ghostgirl, xa vos contarei!

Anónimo dijo...

Hola de nuevo Ana (soy Alejandro otra vez...) O me explique yo mal o no me entendiste xDD. A ver.. Indalecio nos dijo que le hicieramos un trabajo explicando como Avogadro quitó el nº de particulas que hay en un mol (6'022.10"elevado"23 no?) pues eso, no mando eso... El tema ese de los volumenes y demas ya lo se, lo que no se es el experimento que hizo para saber el nº de particulas. Mi correo es: droklis@hotmail.com . Bueno venga, saludos!!

Esther dijo...

jajajajaja


Este Álex es la caña de España!!! Tranki Álex, no t estreses!! (L)

Pues a mí el libro me gustó mucho, tiene razón Susana con q es exagerado q 1a amiga mate a otra x el novio... matas al novio y se acabó el problema!!! jajajaaj

No, es verdad, es 1 pokillo exagerado. El personaje de Bel tmbn me gustó, la pobre...

En general el libro está bien, te entretiene x lo menos y engancha, aunk el final decepciona 1 poco...


Bsazos y gracias x la entrada!!!

aRii dijo...

El libro de Ghostgirl lo estuve leyendo un poco por encima en Alternativa y tiene pinta de estar muy bien! y lo mejor son las frases y textos que tiene al comenzar cada capítulo

Susana dijo...

Estou de acordo, Ari, o mellor e único bo do libro son as frases do inicio. A historia non se fai nosa, todo ese rollo das animadoras e a típica superexitosa do Instituto... Non me gusta nada o personaxe principal, con tan pouca autoestima, só pensando en agradar os demais e sen aceptarse a si mesma... Estas historias de patiño feo non me gustan nada!! Bel non me gustara moito, pero a prefiro antes ca esta!! E xa abandono a literatura adolescente, vou ler o último premio Xerais a ver se recupero un pouco a neurona, que a teño transtornada con tanto amor non correspondido e pantasmal.

Anónimo dijo...

A min eses Libros de Medo e cousas raras non é que me guste moito....S

Anónimo dijo...

holaaa...
regalaronme o outro dia un
libro deses de ghost girl..
haber que tal esta!!
chao!