27/11/09

Roteiro literario: A praia dos afogados.

O pasado luns, o alumnado de 4º ESO acompañado de Susana, Suso e Xoán foron facer un roteiro literario polos escenarios da novela de Domingo Villar, "A praia dos afogados", guíados polo autor.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo traballo o da profe. Agora imos ver os dos rapaces que tal.

Lara 4ºB dijo...

O libro esta bastante ben, aínda que as novelas de misterio non sexan o meu forte. Trátase dun asasinato que acontece moi preto de nos, a inda mais despois de facer o roteiro e visualizar onde transcorreron os acontecementos ( ainda que este non fose moi entretido ). Esta ben repartido e en realidade, ó lelo, a túa mente sigue varias pistas falsas que te despistan á hora de recoñecer ó asasino.
Recoméndollelo a todo aquel ao que lle gusten as novelas policiacas.
Un saudo

Fada dijo...

Eu aínda estou lendo o libro e a verdade é que o feito de visitar os lugar onde acontece a historia acompañados polo autor do libro foi unha experiencia única que invita a seguir sendo fan da lecura e de Domingo Villar.
Saúdos.

Laura Romero Garrido 4ªB dijo...

O libro trata dun asasinato en Panxón. A verdade, é que está moi ben, xa que primeiro parece que é unha persoa e logo resulta ser outra completamente distinta, que nunca pensarías que sería.
Tamén penso que a visita a Panxón foi moi interesante, xa que te sintes como se estiveras dentro da propia historia.
Ademáis este xénero penso que é moi entretido e divertido, polo que o recomendaría a todas as persoas que lle gusta este xénero.

Un saudo...

Susana dijo...

Moitas grazas, Ana, pola axuda técnica!!:)
A min como lectora gustoume moito visitar os espazos nos que se desenvolvía a novela. O día estaba tan criminal que case, case...en fin, mellor non pensalo...
Escoitar a Domingo Villar sempre é un pracer. Non deixa de sorprenderme o accesible que é e o ben que sabe comunicar. Volvín para a casa co meu exemplar asinado e ocupa un lugar de honra a carón de "Ollos de auga". Xa me tarda o seguinte libro!!

ana dijo...

A min o libro gustoume pero menos que Ollos e auga. Paréceme moi interesante a experiencia de ler un libro e poder visitar co autor os escenarios que o inspiraron.

lucía 4ºB dijo...

A min o libro gustome bastante tirando a ben non a mal. A trama esta moi ben, o que pasa é que o desenrolo faise moito de rogar...Non creedes? É logo está ese afán do autor por dicirnos que o inspector é un fumador compulsivo. Penso que estaría moi ben leer ollos de auga, se os profesores poñen menos libros obrigatorios e mo permiten coido que o leerei... Por por un pouco leda a Susana que di que na nosa clase non participamos ;)
Moitas grazas a Domingo Villar polo seu traballo de guia turistico...aínda que hay que vir mais esperto Domigo. xD

Marian Valcárcel Rey 4ºB dijo...

Cando Susana dixo que íamos ler un libro que trataba dun asasinato en Panxón,tiña moitas ganas de empezalo. Cando o empecei a ler me empezou a enganchar, aínda que o principio faise un pouco largo sen descubrir moitas pistas,é moi interesante e séguete enganchando ata o final. A idea de ir visitar os sitios onde transcorre a novela paréceme moi interesante é unha oportunidade única que non se pode apreciar tódolos días, pero a verdade é que me esperaba outra cousa, non é que non me gustara, pero pensei que me ía emocionar máis, non sei, ao mellor pido demasiado, algo que non existe, pero o de que Domingo Villar non me asinara o libro... nos alí facendo cola..para nada... :(

Sara Pérez Seijo 4ºB dijo...

"A praia dos afogados" é unha novela que narra un misterioso asasinato en Panxón. A historia trasládate a lugares tan coñecidos como Vigo. Quizais iso e o humor que provoca o personaxe de Rafael fan a novela máis atractiva. O libro mantente en total suspense ata o final, xa que o asasino se descubre nas derradeiras páxinas do libro. En sí, a novela gustoume, pero creo que ás veces o autor enrolábase demasiado explicando situacións secundarias.
Respecto á saída con Domingo Villar, foi moi interesante visitar os lugares nos que se desenvolvía o trama, pero creo que o autor podía haber participado moito máis.
Recomendo esta lectura a aqueles que sinten un afán polos libros de misterio. :)

Tomi 4ºB dijo...

O libro a praia doa afogados pareceume moi entretido e fácil de ler excepto cando fai esas descripcións tan largas e detalladas de cousas que non teñen ningunha importancia, polo resto gustoúme moito.
Para ler este libro ha que ter tempo por que é un lbro moi longo, ainda que nos o limos obrigatorio para galego, ejem ejem jejeje, aínda que non me arrepinto.
O libro recoméndollo a todo o mundo.
saúdos

jesús 4ºB dijo...

O diferencia de Tomi(Tomás) a min o libro A praia dos afogados pareceume aburrido. Foi fácil de ler pero aínda así fíxoseme demasiado longo, xa que a lectura no me chamaba porque se entretiña en aspectos que non levaban a ningures (como múltiples descripcións de lugares). En definitiva, foi un libro do que te "enganchas" a partir da páxina 400.
Sinceiramente lin por obrigación e non por gusto.

PaVLo (MQ) dijo...

Ah! pois a min justoume bastante, ainda que menos que "Ollos de auga"
Dew

Laura Román Fernández 4ºB dijo...

O libro de "A praia dos afogados" gustoume bastante,aínda que fíxoseme moi longo.Creo que co mesmo tema e todo podía facer o libro algo máis curto,pero polo demáis é fácil de leer e bastante entretido.
A saía que tivemos con Domingo Villar foi interesante,pero creo que o autor non nos enseñou moito nin dixo nada acerca dos lugares.

Bárbara 4ºB dijo...

Parece un libro un pouco aburrido no que pasan moitas follas sen importancia.Gustaríame máis se fose máis curto.
O que máis me gustou foi que ambienta o asesinato en Baiona.

Rosana 4ºB dijo...

A praia dos afogados en sí é unha novela que engancha a lectura. De certo é que primeiro entretense en aspectos que aburren e fan que sexa pesado o libro, pero o desenvolverse en entornos coñecidos e ter unha escritura clara e entretida fixo que en definitiva me gustase moito; sobre todo polo final tan inesperado e que non se pensa ata as derradeiras páxinas.
Recomendaría esta lectura a aqueles que teñen predilección polos libros de intriga.

Alicia C.R 4ºB dijo...

Este libro pareceume interesantee. É unha boa historia e moi intrigante, aínda que as veces enrédase un pouco e conta demasiadas cousas que non nos interesan, como detalles da vida dos protagonistas.
Aínda así,gustaríame volver ler un libro coma este.
Recoméndollos a todolos alumnos.

María dijo...

Que envidia!!!! Caundo yo estudiaba tenía que leer "As crónicas do Sochantre" de Álvaro Cunqueiro ( la mitad del libro lo leí con el diccionario al lado....