14/1/10

Cine 3D: Avatar

Xa estamos de volta e queremos saber que tal pasastes estas vacacións de Nadal. Lestes moito? Fostes ao cine?
De cine precisamente vai esta entrada. Pouco antes de que comezasen as vacacións estreábase "Avatar" unha película de James Cameron, director de pelis tan coñecidas como "Titanic", "Alliens" ou "Terminator". A película espertou expectación polo que ten de innovación tecnolóxica: cerca dos dous tercios, especialmente o mundo virtual, foron creados por ordenador. As actuacións das personaxes principais rodáronse de forma real pero os actores portaban a escasos centímetros das súas caras unhas microcámaras que gravaban cada un dos minúsculos movementos faciais que logo eran transmitidos a un ordenador, en tempo real, para construír os avatares.
O argumento da peli: Os humanos que veñen de sobreexplotar o seu planeta, intentan colonizar Pandora, unha lúa dun planeta noutro sistema solar que é a casa dos Na´vi, unha raza de humanoides de tres metros de altura e pel azulada que viven en perfecta harmonía coa natureza. A razón: Pandora alberga un mineral supercondutor valiosísimo. Problema: os humanos non poden respirar en Pandora. Estratexia: a creación de avatares, híbridos que comparten ADN cos humanos, para infiltrar un espía.
Os protagonistas:
Jack Sully: exmarine parapléxico que se infiltra nos Na´vi. O corpo do seu avatar lle permite facer as cousas que nunca podería facer co seu corpo real e remata por namorarse de Neyriti.
Neyriti, pricesa alieníxena que baixo a apariencia dunha heroína de acción agocha unha inmensa ternura.
A frase:
"Yo te veo" estáse a converter nun lema entre os adolescentes norteamericanos.
O que espera o director:
"Quero que o público teña unha experiencia fóra da súa vida, fóra deste mundo e fóra do seu corpo".
Conmigo, polo menos, conseguíuno.

15 comentarios:

Curieuse dijo...

Os efectos 3D son unha pasada! Ademáis é unha película chea de idealismo, moi romántica. Ide vela. Paga a pena!

lara ^^ dijo...

Eu taménfun a vela e é verdade que os efectos son unha pasada. As paixases son preciosas e os seres en si. Recoméndoa de verdade.

Adrián (MQ) dijo...

burnoo, eu non fun a vela xo a verdade e k polo k me contan debe estar moy ben! Esta apuntada na miña axendaa haha
bikiñoss

Adrián (MQ) dijo...

ahh x certo, o trailer esta moi ben!Se keredes practicar ingles, o trailer posto no blog esta PERFECTO xD, pero se keredes miralo- trailer in spanish aki deixovos o link: http://www.youtube.com/watch?v=Xg8kYk6uHN0

bikoss

Anónimo dijo...

a pelicula debe d estar bn, levase falado moito espero poder vela pronto xq como siga asi vai sair en dvd e ainda non a fun ver =P
bikos e por certo a entrada esta moi bn!

paula-club de lectura dijo...

tiene buena pinta la peli esat
dicen que tiene unos efectos wenos

aver si la veo, la tengo en casa pero todavia no me digne XD



bss


dew

paula-club de lectura dijo...

tiene buena pinta la peli esat
dicen que tiene unos efectos wenos

aver si la veo, la tengo en casa pero todavia no me digne XD



bss


dew

Esther (MQ) dijo...

Yo no fui a verla... llamadme friki pero estoy en proceso de verla cn Jess... a q sí kah??

Q cn las wenas críticas q tiene ¬¬

Bueno, pues eso, que me paso para que no se diga eh??

Os quiero a tod@s!!!

Bsos!

NovyS dijo...

bua....eu tampouco a fun a mirar, e porsuposto k eu me apunto a mirala Estherciña!! e despois comentaremos + .

bueno .....sinto retirarme dos mQs, pero e o k hai....pero sempre k necesitedes unha axudiña estou akí pa to!


un biko!

Tania de Alén Juste dijo...

Fui este finde a ver esta pedazo peli que me enamoro por completo........ os la aconsejo a todos/as y os recomiendo que la veais en 3D porque los efectos son una pasada........
y sobre todo que bueno esta Jack Sully....!!!!
Un beso a todos.......!!!!!!!!

Anónimo dijo...

recomendamos esta pelicula a todos que queiran pasarselo en grande, xa que é unha película que te impresiona un montón, eso si en 3D.
SALUDOS..¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

arii dijo...

es preciosaaa! (L) la fui a ver el finde pasado...la verdad no me apeteciaa mucho...xq no m llamabaa la peliculaa..pero despues de verlaa...buff...es increible :D la historia de amor entre los personajes...y lo que me hizo mucha gracia fue que cada 2x3 decian: te veo hermano! jajaja
ir a verlaa que estaa muy biien :D



arii

Luciaaa !! dijo...

La peli es INCREIBLE ! os la recomiendo !! si me veis llorando como una gilipollas alli xD

YoLii!(L)3-B dijo...

ProFees animadevos a Levarnos ao cinee !(L) segurO Q asii a vemOs mellor que neste pequenO trailer porque a peLi debe ser una pasaDa!


Un besiiñO!(L)

Anónimo dijo...

iso, iso, levádenos ao cine que eu teño moitiiiisimas ganas d vela!!!! ;)