O pasado luns 18, os compoñentes do clube de lectura reuníronse para disfrutar dun pase dunha das máis famosas películas do mago do suspense, Alfred Hitchcock, "Os paxaros".
A historia comeza inocentemente cando unha rica e frívola moza, Melanie Daniels, coñece a un abogado, Micth Brenner, e o sigue a unha vila costeira onde el suele pasar as fins de semana coa súa familia. O film vai gañando en tensión a medida que avanza debido o estrano e incontrolable comportamento dos paxaros, os verdadeiros protagonistas da historia. Hitchcock simboliza nos paxaros o medo ao descoñecido, ao caos.
A película, igual que outras dúas do mesmo director ("Rebeca" e "Posada Jamaica") baséase nun relato, do mesmo título, da escritora Daphne Du Maurier, publicado por primeira vez en 1952. Inspirándose na experiencia sofrida durante os bombardeos da II Guerra Mundial, imaxina un exercito cegamente asasino e innumerable: os paxaros, que de natureza habitualmente pacífica, se transforman sen razón algunha atacando directamente aos humáns.
Na reunión da próxima semana haberá debate sobre a película, explicacións sobre algunhas das claves da linguaxe cinematográfica: o tratamento do tempo, os movementos de cámara, os planos, as secuencias, composición, etc. E, por suposto, a lectura do relato.
Tanto o relato como a película resultan sen dúbida inquietantes e inesquecibles. Que vos pareceu a vos?
6 comentarios:
Alégrome de que vísedes esta peli. Eu son superfan de Hitchcock desde que vía de pequeno aquela serie que presentaba el polas noites (dos mércores?: "La noche de Hitchcock"). Penso que é boa idea que o cine se integre máis nas aulas. Se a proposta do decreto plurilingüe fose pasar boas pelis en inglés, subtituladas en galego e castelán a partes iguais, aínda o pensaba...
Hola Claus, a verdade e que coincido contigo en bastantes cousas. Hitchock é un fenómeno das pelis de terror, "Los Pájaros" é un bo exemplo.
Tes moita razón no das pelis. Estaría MOI BEN que se copiase un pouco a Portugal, xa que alí as pelis subtitúlanse no seu idioma pero o audio é inglés. É unha mágoa que isto non se faga aquí, porque eu vexo tóda-las pelis posibles subtituladas e en V.O e non podo dicir que teña un baixo nivel de Inglés.
Por certo, moi boa entrada!! Saúdosss xDD
buuuf....
peliculon
coincido xD
jaja xDD
Teño ganas de ve-la peli xa que cando a puxeron estaba submerxida no mundo das capitais e paises de américa
un bico!
Publicar un comentario