2/11/10

Queres formar parte dos MQs? Ven ao casting!!


Preparados, listos, ...acción!!

Se estás interesado/a en formar parte dos MQs do blog da biblioteca, non esquezas asistir ao CASTING que terá lugar o venres 5 na sala de lectura, durante o recreo.

Como cada comezo de curso, facemos unha chamada ao alumnado que queira formar parte do noso ben querido grupo dos MQs.

Os MQs (maqueadores do blog), para os que non estedes ao tanto, son un grupo de alumn@s que asesoran e colaboran no blog da biblioteca. Para que vos fagades unha idea, fan tarefas de: reporteiros, xornalistas, deseñadores, críticos literarios, blogeros, debuxantes, asesores, ... e moitas máis cousas!

Esperámovos o venres para o casting... Animádevos!

26 comentarios:

Adrián dijo...

Que se quero formar parte dos MQs? Por suposto que si! Se seguides co mesmo bó rollo (estou 100% seguro de que é así) do ano pasado a reunión (perdón, o CASTING) será un éxito rotundo.

Outro ano máis, os maqueadores do blog en acción! (e nunca mellor dito haha)

yago dijo...

eu esperaba máis éxito, ao final non veu tanta xente coma o ano pasado.
Bueno, agora xa poño as miñpas razóns polas que quero participar, que o nao pasado non fun porque habia motisima xente:
-Estou emocionado ca comiteca e quero participar neste tema o 100%
-Gustame moita andar nos blogs
-Non sei, apateceme moito, tamén podo proporcionar moita diversion no clube.
Xa sabedes fichade a Yago que é o mellor.
P.D: Non poño as tildes porque me da vagancia (jajaaj) pero tranquilos que se me metedes dentro poño as tildes que fangan faia

Karen dijo...

Eu quero ser maqueadora xa que fun o ano pasado e gustoume moito , realizamos moitas actividades sempre con intención de aprender cousas. Tamén me gustaría xa que gustame moito ler e porque paréceme que o podemos pasar ben alí facendo actividades relacionadas ca lectura.

Anónimo dijo...

Gustaria poder formar outra vez parte dos MQS da biblioteca porque o ano pasado pasei moi ben e gustaria repetir , as actividades que fixemos gustaronme moito e espero que este ano sexan iguais ou mellores :)


Itziar

ANTIA dijo...

Encantaríame formar parte do grupo dos maqueadores, xa que propúxenme participar en calquera actividade este curso ( que será o derradeiro neste instituto). Ademais, o que se fixo o ano pasado pareceume moi interesante e penso que podemos melloralo este ano. Tamen é un modo de facer máis levadeiro o curso xa que podemos pasalo ben participando nos MQS. E, por suposto, calquera evento que teña relación coa lectura é algo que me atrae bastante.
Así que espero que me escollades porque me fai moita ilusión e o ano pasado non puiden participar.

lara dijo...

encantaríame formar parte dos MQs por moitas razóns pero entre elas porque este ano vades facer comiteca e a mín iso de pintar gustame moito, porque todo o mundo fala moi ben dos MQs e gustaríame pasar pola experiencia e sempre que poda deixarei un comentario no blog.

Angel dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Sara 1ºA dijo...

Gustaríame entrar nos MQS por varias razóns : porque me gustaría ter a experiencia, porque quero aportar ideas (sobre todo para a comiteca), porque teñenme falado moi ben dos MQS que fan moitas actividades entretidas...

Angel dijo...

A min gustariame moito formar parte dos MQS un curso mais porque as actividades do ano pasado gustaronme moito e tamén porque encantariame participar na "Comicoteca" que me parece unha idea xenial!! :D e porque encantanme os blogs e gustariame participar neste e aportar cousas novas e interesantes! :D na reunion este ano comparado co anterior non houbo tanta xente...o ano pasado estaba todo cheo!!! espero que me collades para os MQS!!!! :D :)
Angel 3ºB

biblosvivos@gmail.com dijo...

Onde están os vosos lemas????

Angel dijo...

pois...poderia ser MQS:MARCANDO DIFERENZA!! ...se se me ocorren mais os poño... :D

Adrián dijo...

Adrián Troncoso
15 años
I.E.S Pedras Rubias- Salceda

CURRÍCULUM VITAE

Traballo: Estudante
Experiencia no posto vacante: O ano pasado fun MQC.
Afecións: Estudo e polas tardes adícome a ser maqueador.

Queredes saber máis? Nas seguinte líneas atoparedes a resposta de por qué son un bó candidato.




A principal razón pola que debería entrar neste grupo é porque, sen dúbida algunha, este ano estou máis entusiasta que o ano pasado. ¿Buscades a alguén creativo e con ideas? Aquí estou eu! ¿Buscades a unha persoa que diferencia a festa dun acto importante e serio? Aquí me tendes! ¿Andandes buscando a alguén a quen lle guste a lectura e o mundo dos blogs? Pois non sigades buscando porque aquí mentes: Adrián a vosa disposición!
Ademáis de que xa conto coa miña experiencia neste grupo, encántame ler e son un apaixoado dos idiomas, en especial do inglés. Gústanme moito os blogs e webs e tamén o deseño de web-blogs. Teño unha web sobre inglés > www.ilovespeakingenglish.com

Encátame escribir entradas en blogs, polo que se necesitades axuda xa sabedes one atoparme! :D


E xa para rematar, dicirvos que estou disposto a promociona-lo blog por todo o mundo se fai falla, có fin de formar nesta pequena - gran familia.

¡Saúdos!

Ahh.. por certo... ¿Acéptanse sobornos? xD

...
...
...

Bueno, supoñíamo... Pero por intentalo...

...
...
...

¡Ata a seguinte reunión! :D

Adrián dijo...

Os lemas que propoño son os seguintes:

1- Máis que MQC´s (Paréceme que fonéticamente soa ben)
2- MQC´s: Alumnos en acción
3. MQC´s: A voz do Pedras Rubias/ A voz dos alumnos/
4- MQC´s: Escoitámoste!
5- Os MQC´s: Os alumnos polifacéticos.
6- Necesitas un reporteiro? Un crítico literario? Uns cantos asesores? Chama aos MQC´s
7: MQC´s: Máis Que Creadores!

...

Logo escribo máis.

Lucía Leal Fábregas (4ºA) dijo...

As miñas razóns para formar parte dos MQ'S:
# Apetecía xa o ano pasado pero sempre o fun deixando para outro día e ao final fíxoseme tarde, por iso este ano non deixarei escapar a oportunidade! a miña primeira razón é que me encanta andar polos mundos dos blogs, páxinas de internet... Estaría encantada de axudar a publicar entradas sempre:)

# A miña segunda razón:
Como pon na entrada: os MQ'S realizan a tarefa de reporteiros, xornalistas... Todo o relacionado co periodismo entusíasmame! E encantaríame colaborar con vosco con traballos así, tipo .. as cousas que facemos en taller de prensa. Redactar, facer entrevistas...

# E a terceira e última razón é que prometo aportarr creatividade e unha morea de ideas aos MQ'S :) con moitas ganas de entrar a formar parte e empezar xa con algo :)

bicos!

Lucía Leal Fábregas (4ºA)

Lucía Leal Fábregas (outra vez) dijo...

Lemas...








MQ'S: Máis que so... CONNOSCO!

Nerea dijo...

Ola!Gustariame formar parte dos MQ's por varias razóns como que o ano pasado paseino moi ben coas diferentes actividades que realizamos e entusiásmame a idea de poder crear novas actividades para os alumnos do instituto; por outra parte tamen queria dicir que me gusta moito a lectura e todo o que este relacionado con páxinas de internert etc a si que estaría encantada en participar :)
Un saudo !

Ana dijo...

A min gustaríame formar parte dos MQs porque o ano pasado paseino moi ben, porque me gusta moito ler e porque gústame facer actividades para que o resto dos alumnos poidan disfrutalas!

Alba C. 4ºB dijo...

A parte do pacto que mantemos antia e mais eu para apuntarnos a todo o que nos planteen este ano, xa que é o derradeiro(esperemos)no instituto,as miñas razóns polas que quero ser maqueadora son:
-O ano pasado a profe Ana xa me planteara ser dos Mq´s pero a cantidade de xente que se apuntara era inmensa polo que este ano non vou deixar pasar esta grande aportunidade!!.Nesta primeira razón quero incluir a proposta da comiteca pareceme moi interesante xa que os comics son os meus libros favoritos.Creo que podo apotar moito nese ámbito.
-Encántame andar en nos blogs,e gustariame poder facer entradas en biblosvivos sobre os nosos gustos a hora de ler, e que o alumnado do colexio disfrute del e encontre nel un lugar donde porder expresar o que pensa con total liberdade aportando ideas aos mq´s.
-Ainda que non entro moito no blog do colexio fago un pacto con vos:si me escolledes os prometo que vou a entrar nel todas as veces que poda.
Espero a vosa resposta,e que me escollades porque teño ganas de empezar XA!ツ

iria dijo...

Gustaríame formar parte dos MQS este ano,miñas compañeiras falaronme moi ben e dixeronme que me tiña que apuntar que era super entretido, e agora que teño a ocasión gustaríame aprobeitala.Amin gúatsme moito partiipar e colaborar, pero tamen aportar idea novas...
E gustoume moito a idea da comicoteca tamén...

NovyS dijo...

holaaaaaaa, facía tempo que non pasaba por aquí , miro que esta todo un pouco cambiado, pero pa ben por suposto. Bueno solo comento para deixarvos un saúdo enorme as miñas profesoras preferidas jaja. Susana que boto de menos as túas clases d taller de prensa, e Ana espero k que a túa recuperación sea favorable.
Un bico enorme para todos o profesores =)


Jésica Novás

paula 2ºA dijo...

gustariame formar parte dos MQS porque gustoume moito a esperiencia do ano pasado, pareceume unha actividade moi divertida e entretida.

Alba Urceira 4ºB dijo...

Alba Urceira 4ºB

Gustaríame formar parte dos MQS,xa que este é o último ano que vou estar no colexio,e encantaríame axudar en todo o que poidera e dar boas ideas.Tamén porque este ano non hai moita xente para apuntarse, e creo que cantos menos sexamos mellor nos organizamos e mellor imos estar.E porque xa que nunca estuben nos MQS gustaríame estar este ano,porque me parece moi interesante e divertida esta actividade,e moito máis si están tódolos meus compañeiros.Ademáis todo o que ten que ver coa lectura chámame a atención.Estou de acordo con Yago podería aportar diversión.Oxalá me escollades. :)

Alba.

YAISHA MQs dijo...

Pois claro que quero formar parte do blog, porQ xa levo tempo e a verdade gustame moito a esperiencie, pareceme un club do máis divertido e que crea unhas actividades estupendas, xa que todos participamos e nolo pasamos de medo...
simplemente xQ me encanta formar parte do blog é polo Q qero seguir con vos...

Ander dijo...

ler e mais que saber

Cristina (MQS´s) 4ºA dijo...

Gustariame ser dos MQS´s porque paréceme unha actividade moi entretida e boa. pois nela facemos unha chea de cousas nas que rimos e nos divertimos..
A xente o pasa moi ben coas actividades que organizamos e nos tamén cando as presentamos.

As actividades que fixemos no curso pasado foron fantásticaas e moi orixinais por iso este ano quero repetir .
de paso gustaríame desexarvos un bo nadal,porque o merecedes.
Un saúdo.

marcolete dijo...

SiSi, moi interesante pero, non vale só con apuntarse tamén hay que participar e facer algo, que os actuais ''MQs'' teñen o blog moi abandonado.
Un saúdo XD