30/1/11

Festival de Banda Deseñada de Angoulême 2011


E xa que estamos por fomentar a banda deseñada, non podiamos esquecernos de facer unha entrada ao que probablemente sexa o principal evento anual adicado a este xénero: O Festival de Banda Deseñada de Angoulême, que ven de pechar a súa 38 edición no día de hoxe.
O Festival de Angoulême naceu nesta cidade francesa no ano 1974 como punto de encontro para autor@s, ilustrador@s, editor@s e lector@s de cómic e rapidamente se transformou nun evento cun amplo recoñecemento internacional.

No palmarés de este ano podemos destacar:



Mellor album 2011: "Cinq mille kilomètres par seconde"
de Manuele Fior.









Premio do Público: "Le bleu est une coleur chaude" de Julie Maroh.








Premio da xuventude: "Asterios Polyp" de David Mazzucchelli.






Esperemos que pronto se atopen editados en España e podamos telos nas mans.

3 comentarios:

Adrián dijo...

Xa vedes! Ademáis de estar enterados da última hora (ou non tan última) literaria, tamén se poden aprender cousas novas en BiblosVivos! :) Que tal se despois de pasar un rato (un longo rato) no Tuenti, Facebook e demáis, lle votades unha ollada o blog e deixades un comentario? Boa idea, non credes? Eu penso que si! ;) Polo menos eu acabome de enterar da existencia deste festival do comic francés catalogado de "internacional"... Pois si, tan "internacional" que nin coñecía a súa existencia. Así que teño que dar as grazas... Grazas a BiblosVivos por dar a coñecer este tipo de eventos! Non me considero un fan deste xénero literario pero, oie... Xa que facedes mención destes libros, haberá que leer algún!

Un saúdo e xa sabedes;
BiblosVivos somos todos! ;)

biblosvivos@gmail.com dijo...

Pero que ben te veu vir hoxe a reunión... Moi agradecido que eres, así dá gusto!!! Pois nada, seguro que ti tamén nos podes ensinar cousas...

Adrián dijo...

;)Pois tes moita razón, veume de fábula... Facía xa décadas* que non adicaba tanto tempo os MQC´s Imaxinádevos: estudar, teatro, estudar, inglés, estudar[...] Mencionei xa o termo "estudar"?
Espero que desde agora, alomenos, escriba dous ou tres comentarios por entrada publicada... Que menos! Có tempo que leva escribir unha entrada para logo atoparse cun simple "0 comentarios".

Por certo, estou decatándome de que cada vez estou aprendendo a expresarme mellor en galego, e iso que non frecuento falalo. Por que será? Ah, xa o sei! Porque visito BiblosVivos cada vez que podo!!! Así que... alumnos do Pedras Rubias... Se queredes quitar mellor nota en galego, botade unha ollada ó blog, e xa veredes como nun par de visitas a vosa expresión mellorará. Non recomendo visitar moi a miúdo o blog, xa que o seu contido pode chegar a crear adición (é broma, non hay límite haha)

Ben porque queredes mellorar en galego, ben porque queredes enterarvos das últimas novidades literias, ben porque non sabedes que diantres buscar na Internet ou ben porque a páxina do Tuenti tarda un poco en cargar... Sempre hai tempo para pasar polo blog e adicar un comentario o mundo! A verdade, non sei que fas lendo este meu comentario... Corre axiña e escribe o teu comentario!!!! A que esperas para deixar a túa marca do teu paso por BiblosVivos? Enbiblovízate!!

***NOTA***
Madre miña!! Parece que estou facendo publicidade encuberta nun "teletenda" haha