Últimamente andamos cambiándolle a cara ao blog e non só no que atinxe á estética (cabeceira, cores, deseño) senón ao contido. Sei que non sodes moi amigos de andarvos desprazando arriba e abaixo polo blog, nin de fozar demasiado nos enlaces da columna da dereita pero unha nunca se dá por vencida.
Despois da creación da sección "libros para ver e escoitar" onde imos colgando bookstrailers e montaxes en video de algúns libros especialmente fermosos, tocáballe o turno aos "libros para escoitar".
Desde hoxe, contades na columna da dereita con enlaces a páxinas desde onde podedes escoitar ou descargar gratis audiolibros e podcast para o ordenador, ipod, móbil, reproductor mp3, etc.
Cada mes proporemos un audiolibro; o deste é "El señor de los anillos" de J.R.Tolkien. Para os vindeiros meses contamos coas vosas suxestións.
Para rematar hai unha nova sección que consideramos imprescindible que visitedes, a de "Navegar seguros" onde tedes os enlaces ás páxinas que vos proporcionan as pautas a seguir para moverse por internet con responsabilidade e seguridade.
Esperamos que vos gusten e vos sexan de utilidade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario