23/3/11

Recomendámosvos "La gramática del amor"

Tras a fermosa ilustración da portada (Meritxell Ribas) e o suxerente título agóchase a primeira novela de Rocío Carmona, editora e vocalista do grupo Nikosia.
Argumento: Irene, unha moza de Barcelona, atópase nun internado británico. Os seus pais fai pouco que se separaron e vén de sufrir o seu primeiro desengano amoroso. Ridiculizada durante unha clase, toca fondo e bota a correr. O seu profesor de gramática sae tras ela e lle impón un sorprendente castigo, facer un curso de "Gramática do amor". Cada semana deberá ler un libro e facer un traballo que logo comentarán na tarde dos mércores.
O listado de libros que lle deben axudar a enfrontarse á vida e ao amor é:

1- "Al sur de la frontera, al oeste del sol" de Haruki Murakami. Con el adéntrase no mundo do primeiro amor, para comprender a súa importancia e as súas consecuencias. 
"Somos o que queda de nós cando nos rompen o corazón por primeira vez" 
2- "Orgullo y Prejuicio" de Jane Austen. Para reflexionar sobre o amor entre persoas de diferente extracto social e o fácil que é interpretar erroneamente os sentimentos dos outros.
3- "Carta de una desconocida" de Stefan Zweig. Para aprender a expresar os sentimentos sen medo ao rechazo.
4- "Ana Karenina" de León Tolstoi. Con el descubrirá a diferenza entre a pasión desenfrenada e os amores tranquilos.
5- "Las desventuras del joven Werther" de Goethe sobre os amores platónicos e o perigo de proxectar sobre os demáis as nosas carencias.
6- "Jane Eyre" de Charlotte Brönte que resalta a valentía e a decisión da protagonista.
7- "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez sobre a importancia de atopar a persoa axeitada e de ser perseverante cando aparezan dificultades.

Parécenos un exemplo de literatura xuvenil intelixente. Un libro que serve de porta ou trampolín a outros libros, clásicos e contemporáneos, todo aderezado con citas ben escollidas e música ambiente. Gustounos e volo recomendamos.
Para saber máis podedes entrar no seu blog.

5 comentarios:

Maar :) dijo...

Me gustaría poder leer pero es que tengo muchos exámenes, mejor en otro momento

Susana dijo...

A min gustoume moito. Creo que mestura con acerto a vida amorosa da protagonista (ten que superar un desengano, namórase de novo de quen menos esperaba...) con literatura amorosa de todos os tempos. Animádevos, é facil de ler e ... engancha!!

Irma dijo...

Teño gañas de lelo, e moitas das obras que remomenda tamén, px dous dos meus libros prferidos están nese listado.
E porque sempre é un luxo atoparse con xente que te anime e fomente a lectura!

Irma

Anónimo dijo...

el libro me gustó mucho ya qu eso puede pasar en la vida real...

fue el mejor libro qu he leido.
lo recomiendo a toda la gente

Anónimo dijo...

o lin este ano e pareceume un libro moi realista