27/9/11

Comezamos curso co Premio Sunshine Award


Comezamos o curso entre crises, aumento de horarios, folgas e negras perspectivas para a educación pública pero con enerxía e ilusión, canto mais despois da alegría que nos supuxo recibir a finais do mes de xullo a distinción do Premio Sunshine Award concedido polo blog Hora de Ler. Toda unha honra.

Pedir desculpas pola tardanza en corresponder con este fermoso agasallo pero decidimos agardar a estar en activo e poder elaborar, entre todas as profes que formamos o equipo, a escolma dos blogs aos que queriamos premiar á nosa vez. E aí vai o noso listado; doce blogs que loitan día a día polo fomento da lectura e cren no seu poder para transformar o mundo nun lugar mellor.

Folga dicir que o listado, como todos, é incompleto e imperfecto, pero tiñamos que elixir só doce... Esperamos que aínda que o verán xa vai fóra vos faga tanta ilusión como nola fixo a nós.


Adiantarvos que vimos cheas de ideas. A biblioteca renovada e reorganizada (niso andamos), a formación de usuarios a piques de comezar, o blog no que pretendemos incorporar novas seccións, e o prazo aberto para anotarse nos MQs ou no club de lectura, só faltaba dar o sinal de saída: preparad@s, list@s, xa!

13 comentarios:

Biblioabrazo dijo...

Muchísimas gracias por incluirnos en vuestra lista de blogs.
Saber que Biblioabrazo os resulta interesante y os es de utilidad, es el mejor regalo que podéis hacernos.

Un abrazo
Ana Nebreda

Biblioteca Pino Manso dijo...

Moitas grazas polo agasallo desde O Porriño.
Unha aperta
Patricia

biblosvivos@gmail.com dijo...

Grazas a vós por facer tan bo traballo.

BIBLOS dijo...

Miles de grazas polo agasallo e unha aperta enorme dende Loranca. Fácenos moita ilusión. Seguímonos.

Lucía Alon dijo...

Vaya nivelón!
Estaba claro que todo o traballo que estabades a facer tiña que ter a súa recompensa si ou si. Alégrome moito de verdade!
Un saúdo a tod@s!
Por certo no Porriño tratanme moi ben, ainda asi non é o mesmo! :))

Susana dijo...

Lucía: Botámosteeeeeeeeeee de meeeeeeeeeeeenosssssssssssss, a ti e a todos os MQ's que nos deixastes o curso pasado! Que ben que non nos esquezades, polo menos virtualmente!! Moitos bks e moita sorte;)

Adrián dijo...

Se hecha en falta todo vuestro cariño!!! En el Francisco Sánchez la clase es ESTUPENDA, la gente es genial pero parece que falta algo... Besos.

ana dijo...

Luci e Adrián, que ilusión que sigades a pasar por aquí!! Alégrame saber que vos estades integrando tan ben. Todo vai ir fenomenal, xa veredes... Nós coa biblioteca de patas para arriba :)).
Estou pensando en crear un club de ex-MQs e nombrarvos membros honoríficos!!! Moitos biquiños.

Lepauli dijo...

Primeiro agradecer o contacto e o traballo de todos estes blogs de BE que estamos pululando por aquí.

E 2º para os ex- Que ben que seguides colándovos por estas páxinas¡
Os cambios sempre son bos e máis cando se é tan xoven coma vós. Seguimos en contacto.
Paula

Yago =) dijo...

anaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa.... la formulaciooooooooooooooooooon!!!! jajajaja. Soy yo, Yago, quien si no. Me paso por aquí para que sepais que me acuerdo de vosotros. Ana las clases de fisica han cambiao buffff...(-.-) no sabes que dilema (Alba me entiende). Deciros, yo por lo menos, que os hecho de menos, bueno me gustaba el insituto jaja. Susana,Sonia,Paula,Jose Luis,Elisa y claro Ana (que ya te dije) y el resto de profesorado un saludooooo.
P.D: Jo cuando estabamos nosotros no hacias esas cosas. Por cierto no penseis que soy tonto porque no pongo lalgunas tildes, me da vagancia jajajaja. Y...que tal os va??

anaaaaaaa dijo...

Xa me estabas tardando en aparecer por aquí!!! Eu tamén te boto moito de menos (sinto, como Peter Pan, que perdín a miña sombra :)).
É normal que as clases cambien se non non evolucionariades. O novo sempre asusta un pouco pero estou TOTALMENTE SEGURA de que te vai ir xenial.

Ah! Xa me explicarás que é iso que non facíamos cando estabades vós.

Beatriz González López dijo...

Acabo de ler agora correo atrasado e atópome con esta sorpresa! Moitísimas grazas por pensar en desordenadaslecturas. Apertas,
Beatriz

biblosvivos@gmail.com dijo...

Beatriz, grazas a ti polo teu blog e polas boas reseñas que, persoalmente, sigo de xeito habitual.