30/6/11

Despedimos o curso cunha ruta literaria pola Ribeira Sacra


Os pasados días 22 e 23 de xuño os/as compoñentes do club de lectura, os MQs e o equipo de biblioteca ao completo (incluído o noso predecesor e benquerido compañeiro José Luís) marchamos de excursión para facer unha ruta literaria por terras do noso poeta homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Lois Pereiro.

O obxectivo era gozar da paisaxe ao tempo que recitabamos poesía e compartíamos tempo de camiñata e lecer entre risos e palabras. 

Saímos de Salceda despois de rematar as clases e comer apresuradamente uns bocatas. A primeira parada foi Monforte, onde só nos deu tempo a visitar o Castelo dos Condes de Lemos. Partimos logo para o Incio, máis concretamente cara a igrexa de Santa Cristina do Viso, onde está enterrado Lois Pereiro. Alí lle rendemos a nosa modesta homenaxe recitando os seus versos. E rápido rápido cara o camping "Canón do Sil" en Parada do Sil antes que se fixera noite e tiveramos que montar as tendas ás apalpadas, perdón... uhmm... si que houbo unha parada moi breve en Castro Caldelas, por aquilo de mercar bicas (boíiiisiiimas).

Chegamos ao camping e montamos as tendas, aínda que o noso traballo nos custou! E despois dunha estupenda cea marchamos durmir (os que durmimos, claro!).

Á mañanciña, ben mantidos, fixemos unha pequena ruta ata o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil onde recitamos esperando a chegada da guía que tiñamos contratada. 

Viaxe á Ribeira Sacra. Yaisha recitando from biblosvivos on Vimeo.
De aí, e sempre con présas, partimos a coller o catamarán para a nosa viaxe polo Canón do Sil e de volta ao camping onde comemos.
E, tachán tachán, chegou o momento estrela da excursión... Para a nosa sorpresa o dono do camping é piloto de helicóptero e nos agasallou cunha viaxe: 5 prazas no helicóptero para ver a vista de paxaro a magnífica paisaxe do canón. Os profes renunciamos a entrar no sorteo (sniffff) e os/as afortunados/as partiron entre as caras de ciumes dos demáis. Consolámonos lendo...

Luci recita na Ribeira Sacra from biblosvivos on Vimeo.
Xa de volta, parada e chapuzón nas pozas da Chavasqueira en Ourense e regresamos cansos e moi contentos á casiña.

Con esta marabillosa excursión despedimos o curso. Feliz verán para tod@s! 

13 comentarios:

BIBLOS dijo...

¡Qué bonita manera de terminar el curso! Me habéis emocionado y me habéis puesto los dientes largos. Ourense, la Chavasqueira, la bica, el cañón del Sil... Menos mal que ya pronto estoy por ahí: casiña do meu contento.
Boas vacacións, boas lecturas e unha aperta enorme dende Loranca. "Vémonos" en setembro.

biblosvivos@gmail.com dijo...

:)) O certo é que o pasamos fenomenal, pena que só foran dous días. Alégrome de que pronto esteas por estes lares. Un abrazo grande e seguimos en contacto!

Susana dijo...

Un final perfecto para unha fin de curso estresante!! Que risos e que bos momentos compartidos! Lectores, lectoras, MQ`s... feliz verán e a volver o curso que vén cheos de enerxías lectoras!!

yago dijo...

excursion perfecta. Vémonos

Yaisha mQs dijo...

Espero que el año que viene todavía nos llameis para participar de las excursiiones del club eeh estaré esperando :P
Para que veais que aun en vacaciiones no se me olviida el blog jajaj
besitos

Lolaila dijo...

De acordo con Yaisha
Un bico

biblosvivos@gmail.com dijo...

Un bico para vós!

Adrián dijo...

Nos hemos ido del instituto pero siempre nos acordaremos del blog :P Pasaba por aquí, y como ya falta poco para empezar el nuevo curso, pues desearos a tod@s que lo empecéis con buen pie y que sea un curso cómodo y divertido. Por lo que a mí me corresponde, tengo unas ganas locas de empezar 1º de Bachiller :) No, no me estoy volviendo loco. Quiero que empiece cuanto antes para poder acabarlo pronto (y con buenas notas, eh? :)) y empezar en la UNI :) No sé cómo ha sido vuestro verano; El mío un tanto peculiar... he empezado a estudiar noruego y alemán... pss lo típico que se hace en verano jajaja En fin, cuidaros mucho y estaré aquí "virtualmente" para lo que sea...

¡Hasta pronto! :P

biblosvivos@gmail.com dijo...

Noruego??? Nunca deixarás de sorprendernos... Que teñas un bo comenzo no bacharelato, nós seguiremos por aquí tamén para o que precises, xa sabes.

Adrián dijo...

Noruego, si jajaja Soa raro, verdade?? :)
Moitas grazas, e igualmente!

Mar 2ºA dijo...

unha viaxe xenial :)

Alba C. dijo...

Como se os echa de menos a todos! :(

biblosvivos@gmail.com dijo...

Albaaaaa, non te preocupes, nós seguimos aquí!!! Moitos bicos.