9/5/12

Tras os pasos de Blanco Amor: Roteiro da Esmorga


O venres 4 os alumnos/as de 4º da ESO fomo a Ourense visitar a catedral e facer o roteiro da Esmorga, acompañáronnos Xavier, Paula e Elisa.

Comezamos na catedral, da que Xabier nos explicou algúns aspectos arquitectónicos. Xa dentro vimos o Pórtico do paraíso e a capela barroca do Cristo.

Cerca do xardín do Posío agardábanos Nati, actriz de Sarabela teatro e profe de galego, para guiarnos o roteiro. Acubillámonos baixo a Ponte da Burga, percorremos fontes, igrexas, rúas e ruelas mentres Nati nos explicaba diferentes aspectos da novela, e rematamos cunha foto de grupo na escultura de Blanco Amor.


A chuvia, igual ca ao Cibrán, ao Bocas e ao Milhomes, acompañounos durante todo o noso percorrido.


3 comentarios:

Aelysse dijo...

A verdade é que vivímolo libro ao pé da letra. A choiva foi una característica moi importante no libro, pero a nós no nos facía tanta gracia. Pese a todo o sucedido eu creo que foi unha excursión estupenda e memorable :) Un saudo profes!

Elisa dijo...

"¡Ai, señor, iso pareceralle a vostede...! Pero eu dígolle que a chuvia tivo moita culpa... Se en troques daquel froallo apegadizo que atopei ao saír de estar coa Raxada,e daquela chuvia mesta e sen trégolas que despois se botou sobre do mundo, que era andar por un pesadelo sen poder saír de ningures, moitas cousas que socederon non terían socedido..."

Aelysse dijo...

Exacto profe xDD Me encantó el libro de verdad :)