5/4/15

EXPLOSIÓN DE CORAZÓNS E FÓRMULAS DE BO AMOR!!!!

Invitámosvos a entrar no marabilloso mundo do LABORATORIO DO BO AMOR onde creamos un sin fin de FÓRMULAS DE AMOR, coa participación de gran parte do alumnado, que ademais foi un traballo valorado en diversas materias (Ética, Cidadanía, Print, Linguas...), que servirán de reflexión e inspiración sobre un aspecto da existencia humana que esperta o interese de todxs: a nosa capacidade para establecer as mellores relacións.

Aí están os ingredientes necesarios para que esas fórmulas sexan efectivas: 
entre efluvios, cores, olores, texturas, visións, e sons, aplicando todos os sentidos, busquemos as que máis nos cheguen ao co-razón de entre esta gran explosión de creatividade, sentimento e pensamento.



No hay comentarios: