O pasado venres 10 de abril tivemos un "Tamén Len” moi teatral. Visitounos Carla Pérez, secretaria do alcalde de Salceda, que
encheu a nosa biblioteca Calixtina de perrucas, traxes coloristas, e variados
obxectos para escenificar a obra “O chourizo enmascarado” de José Cedena.
Algúns profesores víronse obrigadoS a colaborar, representando algún dos
personaxes da obra, o que fixo que a risa dominase ao público asistente, en
parte polo enredo da obra, en parte polo feito de ver a algúns dos seus profesores
na pel de personaxes estrafalarios como un ladrón, un arxentino, a súa muller e
a súa filla, que seica namorou do ladrón... Situacións absurdas para un “tamén
len” orixinal, habituado a moverse entre o verso e a prosa dos relatos, que
esta vez adoptou a linguaxe e os códigos dramáticos buscando facer da lectura
algo dinámico, divertido e participativo.
Carla Pérez forma parte do grupo de teatro da Asociación Cultural do Barreiro e
animou os nosos alumnos e alumnas a participar nos diversos grupos de teatro
afeccionado que hai pola zona. Aproveitamos para lembrar que xa queda pouco
para A estreA anual do grupo teatral do instituto “Mutis polo foro”.
1 comentario:
Foi moi divertido, e a vez interesante.
Claro que cos actores que había, normal. ( Fernando, Raúl, Juan Carlos y Carla).
Publicar un comentario