21/6/15

CONTACONTOS: COLABORANDO CO "CRA DA REVOLTA" NUN TAMÉN LEN ESPECIAL


O pasado xoves 4 de xuño organizamos un Tamén Len especial no que invitamos os pequenos do CRA da Revolta para compartir un recreo cheo de historias teatralizadas, coa intención de manter a colaboración que comezamos o ano anterior cos CONTACONTOS e de relacionarnos con diferentes persoas da nosa contorna -sexan xóvenes ou maiores- e compartir con elas a lectura para contribuír a fomentala.


Contamos coa colaboración de alumnas/os do Club de Lectura e de 1º ESO, aqueles que no ano 2007 viñeran visitarnos a un Tamén Len, feito que rememoraron ata onde cada un tiña lembranzas, pois tiñan 4 ou 5 anos os que agora xa son alumnxs do noso centro.

Entre elxs, dous presentadorxs de excepción: Uxía e Martín, de 1º ESO, deron paso ás diferentes intervencións:


Os nenos e nenas italianos cantan unha cantiga moi popular nese país, con letra deste maxistral texto de Gianni Rodari e melodía composta polo cantautor Sergio Endrigo. Como unha típica filastrocche, a modo de copla ou retahíla, esta canción é a presentación ideal para “Que fai falta?”, que se acaba de incorporar (2011) á colección de Clásicos Contemporáneos de KALANDRAKA. Silvia Bonanni ilustra a obra do que fora un gran referente para a pedagoxía moderna.

-primeiro ocuparon o escenario con casas de cartón coloreadas por eles e con máscaras tamén feitas por estes pequenos do CRA e ataviados para contar dúas pezas curtas: o clásico de Gianni Rodari "Que fai falta?" e unha adaptación ao galego titulada "Os bos amigos".
-De seguida saíron encarnando "Los números árabes" os Siareiros da Palabra do noso Club de Lectura, para representar este relato de Juan José Millás do libro "Números pares, impares e idiotas". Esta elección ten que ver co lema "As Ciencias e as Letras" que traballamos este curso.
-E para finalizar eses alumnos e alumnas que estiveran aquí cando eran tan pequenos,  puxeron en escena outro deses imaxinativos relatos do mesmo autor "El 8 y el ocho".

Dicir que o salón de actos estaba cheo neste recreo de xuño, onde todxs estamos tan ocupados con tanto traballo para dar finalizado o curso cun bo resultado. É por iso que agradecemos especialmente a vosa presenza e participación a estas alturas.

Moitas grazas pola vosa colaboración a todos e todas. Quedan aquí gravadas as vosas simpáticas intervencións (desculpade que a imaxe non teñan máis calidade, pois as luces do Salón de Actos provocan ese ton avermellado).

Que as disfrutedes!!
...e moi boas vacacións estivais!!!!






3 comentarios:

Superbarbaman Todopodepower dijo...

Hola jajaj , son o exalumno david e coma sempre vou a facer publicidade.
Ista é a adaptación ao galego do musical "Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet" porparte do bacharelato de artes escénias de Vigo. Foi un ano de traballo.

Gracias :) e apertas moi grandes.

https://www.youtube.com/watch?v=nW11wlpRL_I

Anónimo dijo...

Sabes que nos encanta que te publicites e que sigas a visitar o noso blog. Sorte cos teus proxectos e adiante.
Apertas. Paula

ana dijo...

Ola,

Máis vale tarde... Encántoume o Tamén len e, David, agora me paso a botarlle unha ollada!