2/7/15

REFLEXIÓN SOBRE A LECTURA CON AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ E SOBRE O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN CON ÁNGEL CARRACEDO

Xa estamos a inicios de xullo, pero non é obstáculo para deixar uns enlaces que nos parecen moi interesantes e de total actualidade, e nin máis nin memos que da man de dúas grandes persoas, con cadansúa obra importante detrás: un no campo das letras, no caso de Agustín Fernández Paz; e no outro caso, no campo das ciencias, con Ángel Carracedo. É un privilexio telos tan perto de todxs nós, para ter compartido e seguir compartindo palabra, obra e consellos de altura, porque parten da experiencia entendida como aproveitamento das oortunidades e da curiosidade por entender o mundo, a realidade, a condición humana...


O primeiro é un vídeo coa presenza e as palabras do mestre e escritor en lingua galega Agustín Fernández Paz, quen quixo compartir con nós as súas reflexións sobre a lectura, a escrita, o ensino actual, aspectos importantes para a aprendizaxe dos escolares no complexo mundo de hoxe. O contexto foi a súa intervención nas Xornadas de Clubs de Lectura en Santiago de Compostela este xuño pasado, onde se lle concedeu o ben merecido PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2015, pola súa traxectoria e por ser varias das súas obras as máis lidas nos Clubs dos diferentes centros escolares de Primaria e Secundaria. Dito premio foi recollido no seu nome por Manuel Bragado, editor de Edicións Xerais de Galicia, quen si fixo unha intervención en directo destacando a valía e humanidade do aprezado autor. 

Vaia en franca homenaxe a Agustín Fernández Paz:

                           --------------------------------  *  ----------------------------------


Deixamos tamén as palabras de Ángel Carracedo, un dos científico galegos máis destacados a nivel nacional e internacional, catedrático de medicina forense e experto en xenética e moitas cousas máis. É unha persoa dunha gran valía como profesional, pero tamén como comunicador, que se ofrece tanto para falar en foros especializados, como para visitar centros escolares alí onde o solicitan, a onde vai sempre encantado, porque explicou que lle parece moi, moi interesante falar e tratar coa xente xoven.
Foi nos Encontros de Bibliotecas Escolares, en Santiago de Compostela en marzo de 2015, onde participou cunha ponencia onde fai reflexións moi importantes relacionadas cos procesos de aprendizaxe e de como adquirir o saber dende as aulas, dende as bibliotecas, así como na vida cotiá, recomendando aprender a distinguir a boa información, contrastala, seleccionala, analizala, e tratala para transformala en coñecemento, a través de tantos medios de comunicación que temos a man.

Podedes escoitalo no vídeo:


No hay comentarios: