O martes 17 de novembro tivemos a visita na nosa BE dun grupiño de profesores/as do IES Agustín Fernández Páz de Ponteareas, que viñeron a coñecela e a compartir connosco aspectos de organización e dinamización da biblioteca escolar para establecer as bases necesarias na súa biblioteca e, a a partir de aí, dinamizala, poder traballar por proxectos e ofrecer servizos óptimos.
Queremos expresar que para nós é unha satisfacción ternos considerado unha BE de referencia, sendo unha boa motivación para seguir traballando e acadar unha actividade bibliotecaria atractiva, actualizada e de calidade.
Hai dous anos foron o IES Pedra da Auga de Ponteareas, o IES Santa Irene e o IES ROU de Vigo, os que nos demandaron varias docencias, a través do CEFORE de Vigo, para falar de "Organización e Dinamización da biblioteca escolar" e de "Formación de usuarios e alfabetización informacional na BE". Con anterioridade, foi no ano 2012, cando presentamos o "Caderno de Bitácora" ante os nosos compañeiros no Curso ABALAR, e despois tamén contamos ao IES Porto do Son a nosa experiencia co tratamento da información na REDE e como a traballamos a partir desa unidade didáctica (soporte exelearning).
No hay comentarios:
Publicar un comentario