A Biblioteca do CEP Altamira e a nosa Biblioteca, puxémonos de acordo para organizar a entrega de diplomas de "voluntariado de lectura -A", que o alumnado que está agora en 1º ESO no noso centro, recibiu pola colaboración que prestaron o curso pasado no seu colexio sendo alumnxs de 6º de Primaria, onde fixeron unha interesante e fermosa laboura de actividades diversas de promoción da lectura, de contacontos para os máis pequenos, de formación de usuarios e de colaboración específica de labouras da Biblioteca escolar, ademais de experiencias teatrais... Nós só podemos dicir que notamos que este alumnado vén sensibilizado e aberto para participar en todo tipo de actividades que programamos, sexa dende o Club de Lectura, o Tamén Len, concursos, etc, apuntándose a todo o que lles propoñemos.
Estivemos encantadas de recibir na Biblioteca Calixtina a Montse (directora do CEP Altamira), a Ángeles, encargada do voluntariado, e a Anabel, coordinadora da biblioteca. Foron 16 as alumnas/os destacadas con diploma, ademais de ter gañado o premio provincial por esta laboura de voluntariado o curso pasado. Parabéns!!
ALUMNADO PARTICIPANTE:
1.-ARIADNA ÁLVAREZ RAMÍREZ
2.-CLARA CANOSA COLLAZO
3.-PAULA DOMINGUEZ RODRÍGUEZ
4.-ALBA LÓPEZ GONZÁLEZ
5.-NEREA ESTEVEZ NOGUEIRAS
6.-IRIA SOMOZA PÉREZ
7.-YASHIRA ÁLVAREZ RAMIREZ
8.-ELENA CANOSA COLLAZO
9.-CHENOA TOMÉ MARTÍÑEZ
10.-ROCÍO BOULLOSA PÉREZ
11.-YEDRA GONZÁLEZ ALONSO
12.-PAULA BARROS LÓPEZ
13.-CARLA RODRÍGUEZ NOGUEIRAS
14.-ALEJANDRA FERNÁNDEZ SOUSA
1.-XANA AINHOA GESTO ROMERO
2.-SABRINA SOTELO PENEDO
3.-DAVID FERREIRA CAMPOS
Este recreo compartido serviu para coñecernos e establecer futuras e posibles colaboracións, que sempre son fructíferas entre centros da mesma localidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario