O pasado luns 19 de
decembro celebrouse a colocación oficial dunha placa que contén un poema,
escrito polo ex-bibliotecario e profesor de este instituto tantos anos Jose
Luis.
Coincidindo cos dez anos de vida do IES Pedras Rubias, e celebrando a
plantación de dous carballos eses primeiros meses de vida do noso instituto, o
mestre José Luis compuxo un fermoso poema laudatorio desas árbores que tantas
cousas simbolizan dentro da vida educativa de Salceda de Caselas.
O acto comezou cunha pequena
introdución por parte de Chefa, a directora. A continuación algúns alumnos/as
do centro leron poemas dedicados aos carballos e dramatizaron o conto “O
carballo con botas” de Anxo Moure. Finalmente Jose Luis, autor do poema; Chefa,
actual directora; e Xesus, director naquel ano 2005.
Dixámosvos as palabras de presentación da directora Chefa:
"Reunímonos, hoxe luns 19 de
decembro, cando son ás 12:02, arredor/entre estes dous carballos para celebrar
o décimo aniversario da existencia do IES Pedras Rubias, lugar de educación e
sabiduría, conceptos que xa dende agora quedan “arborizados” nestes dous
carballos, preséntovos o carballo da sabiduría, comprado e plantado pola
comunidade educativa do instituto, xa hai case dez anos, cando dabamos os
primeiros pasos neste instituto, alá polo outono de 2005; e ao seu carón tedes,
non menos importante, o carballo da sabiduría, enviado pola Xunta de Galicia, e
plantado pouco despois por nós.
Sabiduría e eduación crecendo
xuntas no noso intituto...
Convocamos, aquí e agora, xunto a este lugar xa máxico,
emblemas da sabiduría e boa educación, a todos os membros da comunidade
educativa (alumnas e alumnos, nais e pais, profesoras e profesores, e demais
compoñentes) que ao longo destes dez anos participaron da vida e do saber do
IES Pedras Rubias... cada folla destes carballos representan a cada un de nós
(coller un par de follas na man)
Longa vida ao noso instituto,
e que estes dous carballos que agora nos acompañan sigan a crecer fortes e
altos, cheas de follas sas, sabias e orgullosas de algún día ter lucido no máis
alto da súa follaxe."
Agora recollemos a adaptación do carballo con botas de Anxo Moure que representaron os nosos alumnos:
O CARBALLO CON
BOTAS
QUERCO, HABITANTE
DA FRAGA DOS CONTOS PEQUENOS, FICABA
TRISTE, SÓ, SOÍÑO DE TODO...
TODAS AS SÚAS
AMIGAS, AS OUTRAS ÁRBORES, ARDERAN NUN TERRIBLE INCENDIO.
NO OUTONO, QUERCO
CHOROU, AS SÚAS BÁGOAS CON FORMA DE BELOTAS CAERON DENTRO DUNHA BOTA VELLA QUE
ALGUÉN ESQUECERA NO BOSQUE....
E O VENTO ENCHERA
DE TERRA
NO INVERNO CHOVEU E
CHOVEU E NON PAROU DE CHOVER ENRIBA DA BOTA, A TERRA E A BELOTA
NA PRIMAVERA DENTRO
DA BOTA UNHA ÁRBORE NACEU...
FOI CHAMADA O
CARBALLO CON BOTAS.... E DENDE AQUEL ENTÓN FIXO COMPAÑA A QUERCO, PARTINDO DE
CANDO EN VEZ A OUTROS BOSQUES E LUGARES...
POR SABER DE NOVOS
CONTOS QUE CONTARLLE Ó VELLO QUERCO, INZANDO A SÚA FRAGA DE FERMOSOS CONTOS
PEQUENO.
E para rematar transcribimos o poema de José Luis:
CARBALLO
TUTELAR
Ofrenda X aniversario “IES Pedras
Rubias”
Carballo entre as árbores primeira,
“rex magnus” da botánica galega,
que deixaches o bosque numeroso
sendo apenas cativo e ruín retoño
para medrar acompasadamente
por entre as “pedras rubias” salcedenses:
ti es patio e xardín da “addescencia”
que inhala ao teu carón letras e ciencias;
que modela os corpos no exercizo;
que cultiva a “mens sana” por principio...
Nas altas follas óese un rechouchío:
“Quen vén aquí a ensinar sae aprendido”. *
Pois naciches na albada do instituto,
aniñe na túa fronda este tributo.”
José
Luis Calvo (Mestre)
*Ramón Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario