Tamén len con Xesus López
O mércores, 11
de decembro, o Tamén len tivo o
pracer de contar con Xesus López
Carreira, ex-profesor do noso IES que nos leu un fragmento de Lieders,
un artigo escrito por Rosalía de Castro en 1858 e considerado o primeiro
Manifesto feminista escrito en Galicia.
O alumnado asistente seguiu con atención as ideas presentes neste artigo, no que a autora propón romper as
normas no mundo das artes así como reivindicar que as mulleres non deben vivir
sometidas a ningún home.
Despois da lectura houbo unha rolda de preguntas e
moitas mostras de afecto. ¡Desexámoslle moita sorte no seu novo IES e que volva
a visitarnos outra vez!
No hay comentarios:
Publicar un comentario