Tamén Len
Miguel Hernández, inspector de Educación, veu visitarnos o 31 de xaneiro para participar no Tamén len de xaneiro. En primeiro lugar foi presentado por Aarón Barros e Sara Usera (3ºA)
A continuación os alumnos e alumnas Alba González, Sara Martínez, Breogán Penabella e Javi Rodríguez de 2ºC, Xabier Troncoso de 3ºC e Alejandro Portela de 4º B, recibírono cunha actuación de instrumentos de vento tocando a pieza “I will Survive” de Gloria Gaynor.
A continuación o noso invitado leunos un fragmento do libro O barón rampante do autor Italo Calvino, libro, según nos contou, que marcou a súa infancia e adolescencia.
Despois da lectura houbo unha rolda de preguntas sobre a escolla deste libro en particular e acerca do seu traballo como inspector de educación.
Agradecémoslle a súa participación no Tamén len de xaneiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario