Deixamos aquí unha mostra da exposición de libros que escollemos para conmemorar o Día da Muller e lembrar a importancia da loita necesaria a prol da igualdade para crearmos entre todas e todos unha sociedade máis xusta, na que non teña cabida ningún tipo de discriminación por causa de xénero. As mulleres do pasado e do presente puxeron e poñen as bases para que as mulleres do futuro poidan sentir que elas tamén contan. Tamén deixamos unha mostra da exposición de tarxetas cubertas polo alumnado sobre mulleres das súas familias por eles e elas escollidas nas que achegaban datos sobre a súa vida laboral e se sufriron ou non algún tipo de discriminación por causa do ser muller. Denominámola "As nosas mulleres de Salceda" e serve de homenaxe para todas elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario