Para conmemorar o Día da Poesía a Biblioteca do IES Pedras Rubias convocou un concurso de recitado de poemas. A pesar de que o alumnado de 2º ESO está en Andorra e o de 1º de Bacharelato en Madrid o concurso tivo unha gran acollida e foron moitos os alumnos e alumnas que se animaron a participar.
Abriu o recital Esteban Oliveira de 3º A co poema “Moraima” de Celso Emilio Ferreiro; a continuación, foi a quenda de Fabio Mazzurco de 3º A que recitou un poema de Roberto Blanco Torres; seguidamente, Xoel Roque de 4º C declamou un fermoso poema da súa autoría titulado “Ángel en tierra”; despois, Vera Rodríguez de 1º D tamén recitou un poema creado por ela mesma e que leva por título “ Ao amencer”; posteriormente, un numeroso grupo de alumnas de 1º D cantou “Adiós ríos” de Rosalía de Castro; e para finalizar, Martina González de 1º C recitou un poema de Antonio García Teijeiro.
Grazas a todas e todos por participar e por dar vida á poesía a través das vosas voces neste 21 de marzo. Parabéns aos gañadores e gañadora.
Aquí vos vai unha mostra gráfica do acto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario