2/5/23

ACTIVIDADES DE ABRIL

Acabado abril achegamos aquí unhas fotiños das actividades que celebramos durante o mes.

Primeiramente, co gallo do Día do Libro que se celebrou o 23 de abril, celebramos unha nova edición do noso mercado de libros o luns 24. Partiparon alumnos e alumnas de diferentes cursos. Puideron intercambiar obras xa lidas por outras que achegou o propio alumnado ou que foron doadas por algunha profesora. Grazas a todas e todos por participar e agardamos poder realizar unha nova edición antes de fin de curso. Aquí deixamos unha mostra gráfica e animamos a todas e todas a seguir lendo e gozando coas múltiples historias que se agochan dentro dos libros.







O 28 de abril realizamos unha nova sesión do Tamén Len e contamos coa escritora salcedense Begoña Gil González, autora de Esto no es el CSI e Los deseos oscuros, libros que leu o alumnado do club de lectura de 4º ESO, ambas pertencentes ao xénero de novela negra e con fondo de humor e ambientadas en Luanova, nome ficiticio da vila que é perfectamente identificable con Slceda. Para o encontro a autora escolleu dúas lecturas que conteñen descricións con carácter humeorístico e que animan a gozar da literatura cun sorriso. Leu fragmentos de Historias de cronopios y famas de Julio Cortázar e seguidamente un fragmento dun clásico: Sin noticias de Gurb de Eduardo Mendoza. O alumnado do club de lectura aproveitou para que lle asinase as súas obras e volver falar con ela. Grazas Begoña. 







Tamén achegamos as que foron as recomendacións lectoras do mes de abril, tal como vimos facendo en meses anteriores. Desta vez Carmen, administrativa do centreo e Roberto, de 1º ESO achégannos as súas.  

E por último unha fotiño do noso expositor de libros co gallo da celebración do 23 de Abril, Día do libro.




No hay comentarios: