27/4/11

Ana Mª Matute recibe o Premio Cervantes

Ana María Matute

Con estes fermosos fragmentos e coa referencia ao mundo de Alicia, iniciaba e finalizaba o seu discurso a terceira muller en acceder a un asiento (K) na RAE, hai xa 15 anos. Esa muller convírtese tamén hoxe na terceira (detrás de María Zambrano e Dulce María Loynaz) en recibir o máis prestixioso premio das letras en lingua castelá, o Premio Cervantes

Por suposto, falamos de Ana Mª Matute. Nacida en Barcelona en 1926, viu a súa infancia interrumpida, primeiro por unha enfermidade grave e logo pola guerra e a postguerra, pero a pesares diso ou quen sabe se por mor diso descubriu unha vocación temprana pola literatura. Sendo aínda unha nena escribía contos e con só 17 anos remataría a súa primeira novela.

Combinando a fantasía coa realidade social, os reis de mundos olvidados cos soldados que choran pola noite, foi creando un universo e un estilo propio que lle levaron a acadar o prestixio internacional e nacional que se merece.

Se queredes profundizar na súa vida e/ou obra só tedes que premer no enlace co seu nome. Se queredes ler o discurso completo da entrada na academia podedes facelo ademáis a través do blog Bibloranca.


Déixovos coas súas palabras.


2 comentarios:

Lolaila dijo...

É de admirar a súa capacidade de imaxinación.
Como transmite as cousas !
Por certo o seu discurso IMPRESIONANTE, eu emocioneime e todo vendoa

biblosvivos@gmail.com dijo...

Sí, lolaila un discurso moi fermoso e co que por momentos me sentín moi identificada. Alégrame que te guste!