15/6/11

"Mejillones para cenar" de Birgit Vanderbeke

Procedencia da imaxe
Seguindo a recomendación de Gemma Lienas no noso "papel de MULLER de papel", mergulleime a pasada fin de semana (pola semana só hai tempo para poñer e corrixir exames) na lectura de "Mejillones para cenar" primeira novela da escritora alemana Birgit Vanderbeke coa que obtivo o Premio Ingeborg Bachmann en 1990. 

Como vedes o libro non é nada recente pero teño que confesar que non coñecía o título nin a autora e foi todo un descubrimento!

Unha muller está preparando a cea favorita do seu home, mexillóns con patacas fritidas, mentres agarda cos seus fillos o seu regreso dunha importante reunión de traballo. 

A eles non lles gustan os mexillóns.

O pai non dá chegado, e o nerviosismo se palpa no ambiente. A medida que asistimos como espectadores a esa espera, a filla maior (narradora) vainos desvelando aos poucos como é a relación que une os distintos membros da familia. Sen presa, imos descubrindo a un pai dominante, intolerante e violento e tamén presenciamos os distintos estados de ánimo que se suceden ante a posibilidade de que non regrese: ansiedade, rebeldía, liberación, medo...

Pareceume un libro francamente interesante para abordar o tema da violencia doméstica desde a visión dunha filla adolescente. Gustoume o estilo e a forma en que está escrito. Volo recomendo!

3 comentarios:

Ronsel dijo...

Telo en galego, na editorial Rinoceronte. Quizais non o souberades...
Saúdos

biblosvivos@gmail.com dijo...

Xa, nos mercámolo en castelán porque non o sabiamos. Entereime ao facer o post :(. Grazas!

Mar 1ºC dijo...

Ten boa pinta e parece interesante, gustaríame poder lelo ;)