O vindeiro día 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora.
A nós un só día nos sabía a pouco e decidimos ter un mes de marzo en feminino, para iso imos levar a cabo as seguintes actividades:
- "Muller de PAPEL de muller". Porque queremos salientar que as mulleres tamén poden ser protagonistas, imos pedir que nos recomenden un libro con protagonista feminina a:
- Persoeiros da cultura galega.
- Persoeiros da nosa localidades.
- Persoas da nosa comunidade educativa: Profesores/as, exprofesores/as, exalumnos/as, persoal non docente,..
- Na nosa sesión mensual do Tamén len visitaranos Mónica Vizcaya, Concelleira de Igualdade de Salceda de Caselas.
- O "IES Pedras Rubias pon as gafas violeta". Esta actividade, baseada no libro "O diario violeta de Carlota" de Gema Lienas, está organizada polo Departamento de Orientación e a Biblioteca e conta coa participación do alumnado de Educación para a Cidadanía que intentará detectar e denunciar as conductas sexistas.
- Por último, os libros e películas volverán sair da biblioteca para acercarvos as nosas recomendacións.
Para que reflexionedes un pouco vos deixo este enlace a un documental de Isabel Coixet titulado "La mujer, cosa de hombres".
Que teñades un estupendo mes violeta!
3 comentarios:
Fastástico reportaxe de Isabel Coixet, creo que deberíamos difundilo a través das titorías...e tamén penso que Marzo vai quedar curto para homenaxear as mulleres.
Pero si os corazóns van a estar ata final de curso, os lazos violetas poderían acompañalos tamén ata xuño...
Feliz mes violeta a tod@s!
Si, eu tamén penso que sería unha boa proposta para as titorías.
Teño ganas xa de ver eses lazos :)
A min tamén me gustaría...foi unha idea que penso pode levarse a práctica a volta das vacacións!
:)
Publicar un comentario