Procedencia da imaxe |
Na semana do 28 de febreiro ao 4 de marzo levouse a cabo a I Edición da Semana das Curtas, organizado polo ENDL do IES Audiovisual de Vigo en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL, o seu obxectivo consiste na difusión da creación audiovisual galega entre a xente máis nova ao tempo que se promociona o uso do galego a través de canles atractivas para a mocidade.
O festival estaba organizado en sesións dunha hora ao día durante unha semana, nas que o alumnado accedía a través da rede á proxección de curtas, algún video musical dun grupo galego e algún documental sobre o emprego da nosa lingua extraído da web eufalo.tv.
Só nesta primeira edición participarón ao redor de 80 centros e máis de 11.000 alumnos/as.
Os resultados das votacións, a través do blog, deron como gañadora a curta titulada "Tourettes" cun 32,92% dos votos.
Procedencia da imaxe |
Para os que nolas perdemos sempre nos queda o Festival de Cans, na parroquía do Porriño, que xa vai pola súa VIII edición. De seguro que moitas das curtas chegarán alí con todo o seu "agroglamour".
2 comentarios:
Teño unha dúbida queria ensinarlle o corto de Tourettes a miña irmá, pero non sei como. Preciso axuda!
(Lucia a.)
Pois non podo axudarte porque desde a páxina web tampouco se pode ver :(
Publicar un comentario