9/5/11

Lois Pereiro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011


A información empregada para facer a liña de tempo foi extraída, na súa meirande parte, do libro de Marcos Calveiro "Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía".

Como ben sabedes, este ano as Letras Galegas están adicadas ao poeta de Monforte de Lemos, Lois Pereiro. Coñecido tamén como poeta maldito ou poeta punk, foi unha persoa da súa época, para o bo e para o malo. Coherente, comprometido, a súa poesía está impregnada de sinceridade, dolor e amor. Sempre é dificil separar a vida da obra dun poeta, neste caso resultaría imposible enterder a unha sen a outra.
Para saber máis podedes premer no enlace que está enriba do seu nome o co da Coordinadora ENDL.

4 comentarios:

Susana dijo...

Ana, que ben quedou!!;)

ana dijo...

Grazas, Susana! O malo é o das datas que te comentei...

Lara ^^ dijo...

Gustame este autor, e pareceume unha gran eleccion para o día das letras galegas :)
Non podo dicir que comprenda completamente os seus poemas, nin moito menos que sexan fáciles, mais supoño que un poema non significa o memo para todo o mundo, así que tódalas persoas poden comprendelos perfectamente, aínda que sexa de maneiras diferentes ^^
Ademáis tiven a sorte de poder oir falar del a un gran amigo seu, como é o meu actual profesor de matemáticas, Fernando Saco, quen nos trasmitiu a súa emoción e admiración, e nos falou del. Penso que debeu ser unha persoa moi interesante...
PD: Bueh... despois disto nos vos poderedes queixar de que non me paso eeh :P
Un bico

ana dijo...

Totalmente dacordo. Eu non o coñecía e coincido en que me parece unha persoa moi interesante e a súa poesía me toca profundamente.
Alucinei cando comecei a ler esta minibiografía e descubrín que era amigo de Fernando, e que a súa famosa viaxe a Berlín na súa época punk (nin imaxinas as veces que nolo contou nas ceas) fora na súa compaña.