8/6/11

Tamén len... con Español

 O xoves 2 de xuño acudiu ao "Tamén len" da biblioteca Calixtina o mestre Manuel Prego Español xubilado o curso pasado. 

Español, foi presentado por Nerea e Alexandra (4ºC) que, xunto a Iván Lorenzo (4ºC) redactaron este post.

Procedencia da imaxe
Leunos tres episodios dun libro antigo titulado "Corazón"(1886) de Edmundo Amicis. O libro é o diario dun neno, Enrique, durante un curso escolar. Español comentounos que o exemplar rescatárao dun colector do lixo no colexio C.R.A da Picoña cando chegou a Salceda a dar clase. Tamén nos dixo que daquela era lectura obrigatoria nos colexios e que máis tarde o prohibiran por motivos políticos.

Recomendounos para ler un libro do mesmo autor titulado "Novela de un maestro" e logo adicámonos a falar de todo un pouco e a gozar de novo coa súa compaña.

Grazas por vir a visitarnos!
Nerea, Alexandra e Iván (4ºC).

9 comentarios:

Español dijo...

Teño que agradecer ás miñas admiradoras, Nerea e Alexandra, a súa presentación e a súa agradable compaña. Sodes estupendas.
Dicir tamén (neste caso penso que o responsable e o amigo Iván) e con elo rectificar, que o libro da lectura, estaba agouchado na Escola Unitaria de Nenos de A Picoña (1.967), daquela nin existía, nin remotamente se falaba do C.R.A..De todos os xeitos felicidades a todos polo voso ben facer. Sempre estaredes no meu recordo.
Coidarvos moitto. Bicos e fortes apertas-

Español dijo...

Teño que agradecer as miñas admiradoras, Nerea e Alexandra, q súa presentación e a súa agradable compaña- Sodes estupendas !
Dicir tamén (neste caso penso que o responsable é o amigo Iván) e con elo retificar, que o libro da lectura estaba agouchado na Escola Unitaria de Nenos de Picoña (1967).
Daquela nin existía, nin remotamente se falaba do CRA. De todos os xeitos felicidades a todos polo voso ben facer. Sempre estaredes no meu recordo.
Coidarvos moito. Bicos e fortes apertas.

Español dijo...

Repetín o comentario. O meu non son os ordenadores. Pido disculpas polo feito.
Saúdos.

ana dijo...

jajajaja, non te preocupes Español, se eu te contara... O alumnado de 4ºC di que es moi moderno por deixarnos o comentario. Pena que eu me perdese xusto o teu tamén len. Un bico enorme!

Español dijo...

Os alumnos de 4ºC son unha especialidade. O de moderno sei que non é para moito, pero procuro estar a altura do que que chamamos ´TEMPOS MODERNOS".
O enorme! bico, me agradou moitísimo. A miña obriga é devolvelo.
Coma solo dicir sempre: coidarvos moito.

mati dijo...

Estou moi contenta de ver a Español colaborando cos seus ex-alumnos/as e tan estupendo coma sempre! Un saúdo para todos.

Irma dijo...

Ola,
A min encantoume ver e escoitar a Español de novo.
Non deixes de visitarnos que te votamos de menos.
Eu tamén penso coma o alumnado de
4ºc.

Biquiños.

anxos dijo...

pareceume moi bem que o ex-profesor Español viñea ao club de tamen len
amin non me deu clase pero polo que dicen que é un escelente profesor, e moi cariñoso

un saudo

ana dijo...

Matilde, encántame verte de novo por aquí!!!