Tendo
unha Biblioteca co nome de CALIXTINA e por mascota a unha pantasma que se
fai chamar CALI, non nos queda outra que adicarnos nalgún momento
do curso a imaxinar e crear CALI_GRAMAS.
Un caligrama é unha composición poética, frase, palabra ou texto
que adopta unha forma que alude ao seu contido, dispoñendo as palabras de tal xeito
que formen unha imaxe (poesía visual).
Pensamos
que sería ideal aplicar os cali-gramas a
unha temática tan típica do mes de febreiro e que tanto atrae á mocidade: O BO AMOR.
Non temos máis que deixarnos inspirar por textos poéticos ou
prosa alusiva ao tema amoroso, para que aparezan imaxes suxestivas e variadas,
segundo a creatividade de cadaquén.
BASES DO CONCURSO:
-Presentarase un texto en forma de CALI-GRAMA, con liberdade de
creación, de soporte e de extensión, relacionado co tema do BO AMOR.
-Empregarase a lingua que se desexe, o galego incluído, pero, en
calquera caso, cadaquén revisará o seu texto para evitar faltas de ortografía.
-Entregaranse os traballos ao profesor/a que así o solicite para
valorar na súa materia, ou/e na biblioteca nos recreos.
-O prazo terá como data
tope o venres 19 de Febreiro, para poder montar con tempo a exposición no
corredor.
-Entregaranse os traballos co nome completo e grupo por detrás, e por diante
un pseudónimo e o número do nivel da ESO ao que pertence.
-Haberá algún premio para os cali-gramas mellor valorados.
-Animádevos
a participar, pois contar coa vosa creatividade sempre enriquece e está na base
das actividades que tentamos dinamizar.
(non atopamos datos de autor)
No hay comentarios:
Publicar un comentario