9/2/17

27 de febreiro de 2007


Pronto fará dez anos, o 27 de febreiro, que iniciamos o camiño mensual  da lectura cunha das actividades máis apreciadas do noso instituto, o Tamén Len: un invitado, de todos os ámbitos da sociedade salcedense, que cada mes, dende hai dous lustros, nos visita na Calixtina, durante o tempo de lecer, para compartir co noso alumnado o pracer da lectura.

Data tan significativa merecía unha celebración grandiosa. Levamos semanas traballando nese acto que terá lugar o vindeiro mércores 15 de febreiro. E xa temos invitados/as!!!


No hay comentarios: