1/2/17

Os Quinquilláns: Cousas


O mércores 31 de xaneiro todo o alumnado do IES Pedras Rubias asistiu a unha adaptación teatral dun dos libro máis impactante de Castelao: "Cousas", da man da compañía Os Quinquilláns.

Neste libro onde a palabra convive cos debuxos, do que era un auténtico mestre Castelao, o humor é un dos elementos claves para denunciar unha sociedade inxusta que lle tocou vivir ao autor de Rianxo. Escrito como pequenos cadros, que meritoriamente o grupo de teatro Os Quinquillas souberon enlazar para facer unha proposta teatral moi do gusto do noso alumnado.

A iniciativa, da man da editorial Galaxia, supuxo un traballo previo do libro por parte dos nosos alumnos e os seus mestres de Lingua Galega, para poder aproveitar en toda a súa dimensión a representación teatral a que asistimos ao auditorio do concello. Aproveitamos para agradecer, unha vez máis, a colaboración do Concello que desinteresadamente préstanos o Auditorio Municipal para acoller a todo o alumnado do centro.

 Deixámosvos unha pequena mostra do talento de Castelao:



               O burro non bulía nin chisco

O burro non bulía nin chisco: tiña os ollos abertos, enfiados no chan, e polas trazas o burro cabilaba de firme, asolagado nas súas cavilacións. Eu enfiei os meus ollos no burro e tamén me puxen a cavilar, esquecido de min mesmo; ensumíndome nos adentros da besta, e sen facerme cargo, os meus pensamentos eran os do burro.

Os homes non queren ser burros; quixeran en troques seren leóns, tigres, lobos… xustamente porque os homes son máis burros que leóns, que tigres, que lobos… por iso a verba “burro” é un alcume aldraxante para eles.

O meu lombo rexe con claquera home e secomasí os homes prefiren un cabalo, un elefante… calquera besta máis grande que eles, de modo que ninguén poida decir: “Velaí van dous”. Non nos aprecian, porque ollan en nós as virtudes dos homes de ben.

Somos amigos dos probes, amparo dos mendicantes; temos levado no lombo a Noso Señor e a San Francisco de Asís; pero non levamos ningún guerreiro.

A paz virá cando os homes todos queiran ser burros.

Chegaron a negarnos cletre porque andábamos pola beira dos camiños. ¡Parvos! Un burro pode morrer asesinado por un auto; pero un burro non cai debaixo dun auto, como caen os cans e as galiñas… Nós presentíamo-la chegada dos autos denantes de inventalos o demo do inferno.

Niste punto volvín en min.

No hay comentarios: