9/2/17

Tamén len... con Leticia



O xoves 26 de xaneiro tivemos unha sesión do Tamén Len... moi  musical, cunha invitada moi elegante. Leticia Calvo, exalumna de Altamira, psicóloga de profesión, e filla do noso querido excompañeiro e primeiro bibliotecario da Calixtina, Jose Luis Calvo.


Leticia apareceu elegantemente vestida de negro con sombreiro, imitando o estilo do mítica cantante americano Frank Sinatra, descoñecido para a maioría dos nosos alumnos/as. A sesión comezou, como non, coa música de Frank. Despois da presentación de rigor Leticia leunos fragmentos da biografía de Frank  titulada “Sinatra. A su manera” de J. Randy Taraborrelli na que relatou distintas anécdotas do cantante en relación coa fama. Algunhas das súas fans ate recollían pisadas do cantante na neve. Este libro comprouno sendo ben nova Leticia, xa que de adolescente comezoulle a paixón pola cantante americano. 

Despois da lectura abrimos unha quenda  de intervencións na que lles plantexaron distintas cuestións a nosa invitada: algunhas relacionadas coa súa época de estudante, outras co seu traballo de psicóloga e moitos máis temas.

Leticia tamén se animou co canto e deleitounos coa súa voz en directo cun dos temas máis famosos de Sinatra: “New York, NewYork”.

Un auténtico pracer musical e literario. 
Escoita a lectura no seguinte enlace: AUDIO

No hay comentarios: