A partir de agora, iremos colgando no blog unha selección de ditas citas, xunto cunha enquisa para que votedes ás vosas favoritas. Non vos esquezades de participar!
21/11/08
Centos de citas, un punto de encontro.
A partir de agora, iremos colgando no blog unha selección de ditas citas, xunto cunha enquisa para que votedes ás vosas favoritas. Non vos esquezades de participar!
20/11/08
O Taller de Prensa inicia a súa andaina
Este curso 2008-09 todos os membros da comunidade educativa do IES Pedras Rubias imos gozar dunha información actualizada e veraz do que acontece ao noso redor grazas ao alumnado que participa na optativa “Taller de prensa”.
Nesta materia os alumnos e alumnas comportámos como periodista e facémonos unha idea, a pequena escala, do que é esta profesión. O noso traballo diario consiste en recoller noticias acontecidas no instituto e na vila para despois facer unha publicación.
“O niños dos carrizos” é unha delas, que verá a luz dúas veces por trimestre. Tamén contaremos cun par de especiais, o do entroido e a revista fin de curso, Atdp (As tamacas de pau), na que coa axuda de Susana, a profe, somos os encargados de redactar, maquetar…
Tamén pensan participar coa axuda dos alumnos/as de 3ºD na VIII edición O país dos estudantes, concurso a nivel nacional de publicacións estudiantís, no que o noso Instituto xa concursou en dous anos anteriores.
19/11/08
Bautizo da biblioteca II
Ciencia-ficción: A noite dos tempos de R. Barjavel
Orixinalmente foi escrita en francés (La nuit des temps, éd. Pocket) Non atopei tradución ao galego pero si en castelán ( Edicións Ultramar). Tamén podemos descargala gratuitamente no ordenador dende os seguintes enlaces:
http://www.esnips.com/doc/12e0859f-8032-461b-8d64-494bb47b1d30/Barjavel,-Rene---La-noche-de-los-tiempos-pdf
http://cahuinweb.com.ar/sololibros/wp-content/uploads/2007/04/barjavel-rene-la-noche-de-los-tiempos.pdf
31/10/08
Os xoguetes non esquecidos
"Durante as longas tardes dos domingos, na época estival, era moi doado escoitar un troupeleo de rapazolos na costa dun camiño. Alí había berros, pelexas, choutos violentos, golpes,.. máis tamén risas, amizade, un buligar de camaradas capaces de romperen a testa contra o chan ou escordaren un nocello e viren á noite para as súas casas suorentos e cansos, máis vencellados polos pescozos coma se fosen parellas de rubios bois condenados a se entender despois de araren todo o día.
Eran estes sinais ou indicios dabondo como para saber que alí se estaban a celebrar competicións de carrilanas. Sempre escollían un camiño costento e con algunha curva pouca doada a dar, para imprimirlle máis emoción á baixada... "Os xoguetes esquecidos
Xosé López Gonzaléz e Xosé Manuel García
Pois vai a resultar que de esquecidos, afortunadamente, nada de nada e senón... que llo pregunten aos nosos intrépidos "Rachabimbios".
28/10/08
Nace a primeira biblioteca escolar dixital en rede
O director da CITA, destaca que este proxecto vai dirixido aos tres vértices do ámbito educativo: alumnado, profesorado e pais/nais.
Cun deseño fácil e atractivo, a web está dividida en tres grandes áreas: Primaria, E.S.O. e Bacharelato.
A biblioteca, bautizada co nome de BED é de acceso e utilización gratuíta, podendo o usuario suscribirse para recibi-las actualizacións e novas de xeito periódico.
Tedes o enlace na columna da dereita, en sitios que deberías visitar.
27/10/08
Tamén len... con Paco
25/10/08
Bautizo da biblioteca I
Coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares, aproveitamos para bautizar a nosa biblioteca, contarvos as actividades previstas para este curso, descubrir o novo nome e ... sobre todo pasar uns momentos inolvidables da man do noso SuperFandiño e as súas azafatas.
Como o acto non foi curto, tentaremos adicarlle varias entradas esperando contar coa vosa participación para que nos relatedes como o vivichedes.
Grazas pola vosa participación: O equipo da biblioteca.
Aquí tendes os enlaces para poder ve-los video, que os disfrutedes.
23/10/08
E vai de premios!
Nacido en Vilalba no ano 1947, é licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como profesor de primaria en diferentes centros e máis recentemente como profesor de Língua e Literatura Galega no IES “Os Rosais 2” de Vigo ata a súa prexubilación no 2008.
Entre as súas obras destacan: "A cidade dos desexos", "As flores radiactivas", "Contos por palabras" (seleccionada pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez como unha das cen mellores obras da literatura infantil española do siglo XX), "Lonxe do mar", "O centro do labirinto", "A néboa escura", "Noite de voraces sombras" e "Corredores de sombras", entre moitas outras.
Podedes acercarvos a súa obra desde a nosa biblioteca onde atoparedes moitos dos seus libros.
17/10/08
O Premio Nobel de literatura 2008
Comezou a escribir con 7 anos e se fixo famoso aos 23 coa súa primeira novela "Le Procès-verbal" ("El atestado").
Casou en 1975 coa súa dona, de orixe marroquí, e teñen dous fillos.
Se queredes máis información, aqui vos deixo este video:
16/10/08
As letras galegas perden a Ramiro Fonte
Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957, Barcelona 2008) era actualmente o director do Instituto Cervantes de Lisboa. Poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega, formou parte dos poetas do Colectivo Cravo Fondo e era membro destacado da denominada Xeración dos 80.Publicou no 1983 o seu primeiro poemario, As cidades da nada, un libro que ía definir pefectamente a estética da xeración, marcada por un culturalismo da linguaxe que buscaba romper as trabes da poesía social imperante desde finais dos anos sesenta.
Posteriormente, apontoaría unha traxectoria de forte impronta persoal cuns versos que fundirían un neoclasicismo de métrica rigorosa e un progresivo intimismo.
Dixeron del…Ramiro pertencía a unha categoría distinta que non precisa monumentos, porque o seu recordo se disolverá na paisaxe, discorrerá polo Covés e as tierras do Eume ata que o mundo acabe. Andan por aí non sei cantos científicos acelerando partículas para atopar a orixe do universo, pero hai outros sistemas para chegar a esa mesma conclusión, que é reunir a poesía que en todo o orbe e durante toda a historia crearon persoas como Ramiro.
Neles está o compendio do que somos, o máis insondable, o misterio que provoca a emoción. Poetas e creadores son os que deixan un legado inmortal, dentro do cal están as claves para saber quen somos. Non busquen o que é Galicia nas estatísticas ou os tratados políticos porque o enigma está cifrado en escritores como o que nos abandona (CARLOS LUÍS RODRÍGUEZ)
15/10/08
Compartindo a lectura con... Irma

Recomendo este libro a todos aqueles que lles guste ou non ler. O formato publicado en Lumen pareceume moi atractivo e, a pesar do volume do libro, ao abrilo invítache a coñecer o que contan esa cadea de palabras encabezadas por pequenos títulos que enlazan uns capítulos cos outros e pouco a pouco desvelan o final da historia.
A protagonista, Liesel Meminger, é unha rapaza como moitas de vós: viva e esperta, travesa, sensible, apaixonada, intrépida... que vive nunha sociedade e nunha época onde a morte convive con todos eles como unha personaxe máis.
Anímote a que coñezas esta historia e a compartas con nós, xa me contarás que che parece...
8/10/08
"O neno do pixama a raias" chega aos cines
2/10/08
A boa educación

1/10/08
O meu fragmento favorito
E para inaugurar a sección de citas e fragmentos favoritos, aí vos deixo o meu. A elección non era doada xa que son moitas as citas que me viñan á cabeza pero había que escoller unha. Espero que vos guste (Ana, a profe de Física e Química).
El libro de los abrazosEduardo Galeano






