30/4/11

Estreno de "Tokio Blues" (Norwegian wood).



Onte estréabase nos cines a adaptación da novela novela homónima de Haruki Murakami "Tokio Blues". Esta novela, a quinta escrita por el, foi a primeira editada en España e a que lle serviu para darse a coñecer no mundo occidental.

Mentres aterra nun aeroporto, Tóru Watanabe escoita unha vella canción dos Beatles (Norwegian wood, que dá título á novela) e retrocede no tempo para lembrar a súa xuventude nos convulsos anos 60, ao seu mellor amigo Kizuki e o seu suicidio, á moza de áquel, Naoko, coa que mantería unha relación tortuosa marcada pola súa fráxil saúde mental e a Midori, da que se namora pouco despois. 

Nesta marabillosa novela xa hai moito do gran escritor que ten encandilado ao público, tanto do seu país como de Europa e América. O estilo impecable, que nos permite ver o mundo interior de pensamentos, dúbidas e sentimentos das personaxes como a través dun cristal traslúcido; a melancolía polo paso do tempo; ese certo "toque" surrealista/onírico das situacións e escenarios donde se desenvolven as súas historias.

O éxito acadado por Tokio Blues foi o comezo dunha carreira imparable. Amparado polas boas críticas  e con auténticos fans lectores veríamos publicadas (en castelán) en poucos anos a maioría das súas obras. O pasado mes de febreiro, o seu último libro "1Q84" era editado en galego por Galaxía e no mes de marzo Murakami gañaba o XXIII Premi Internacional de Catalunya 2011.

Se aínda non lestes nada seu, na nosa Calixtina tedes "Do que estou a falar cando falo de correr" en formato papel e "Al sur de la frontera, al oeste del Sol" en formato dixital e podedes ler os tres primeiros capítulos de 1Q84 premendo no enlace que tedes enriba.

,

2 comentarios:

yago 4ºb dijo...

Recomendo o libro 1Q84 a todos os que queiran lelo. Estou desexando ver a pelicula pero en xapones que mola máis

Irma dijo...

Eu lin este ano "Al sur de la frontera al oeste del sol" e encantoume. E unha fermosa historia de amor e moi actual. Os personaxes están cheos de encanto. Anímadevos a pedilo prestado na Biblioteca!!


Irma