25/4/11

Nada de Janne Teller

Coñecín este libro mentres me mergullaba pola blogosfera e pronto me chamou a atención a polémica que o rodeaba: a súa prohibición en certas zonas de Dinamarca e Noruega, a resistencia dalgunhas librerías francesas a vendelo, a reticencia a editalo despois de encargalo e, como non, a inquietante frase da súa portada

NADA IMPORTA, HACE MUCHO QUE LO SÉ ASÍ QUE NO MERECE LA PENA HACER NADA, ESO ACABO DE COMPRENDERLO.

Así comeza a historia dunha clase de séptimo na que un bo día Pierre Antón solta esta sentencia e deixa aos seus compañeiros devanando os miolos para atopar a maneira de demostrarlle que está equivocado.

Para iso idean facer unha ofrenda de cousas que teñan significado, que importen. Ao principio o significado será material para pouco a pouco ir incorporando significantes máis abstractos como a familia, a relixión, a patria ou o sexo.

Pero a dor de desprenderse de algo que dá sentido as súas vidas lles leva a unha vertixe da que xa non haberá retorno.

O absolutismo das maiorías e os extremos aos que poden chegar para non escoitar as verdades que lles escocen ou ás que temen; a forma na que se dilúen as responsabilidades e o sentimento de culpa nos grupos e o baleiro de valores na sociedade actual son lecturas de fondo inevitables.

Merqueino e lino. Por momentos tiven que parar a tomar folgos, a relaxarme da dureza e a crueldade que desprendían a pandilla de adolescentes protagonistas. Remateino e sentín a imperiosa necesidade de compartilo con alguén, de poder falar del con outra persoa, de soltar lastre. Leveino ao instituto e llo pasei a Susana, de Susana pasou a Elisa e logo Paula e agora Raúl... Queres ser o próxim@?

4 comentarios:

Lolaila dijo...

Remateino a semán pasada.
Cando o fixen, non era eu, estaba totalmente descolocada.
Deixoume prácticamente sen palabras.

Silvia 4ºB dijo...

Me gusto mucho y la verdad es que algunas partes me parecieron un poco crueles pero es un libro que cuando lo acabas de leer te hace pensar mucho.

yago dijo...

NADA:xanial!! creo que todo o mundo debería de lelo para pensar un pouco na vida e en todo ese "montón de significado". Que é o correcto e que non, ata que límites podemos chegar os seres humanos...Pareceume increíble

Carmen dijo...

Resulta unha lectura que non deixou indiferente a ninguén da nosa clase. Alégrome de que Paula nos mandase facer esta lectura senon fora por isto quizais non o lería.
Como decides ao rematar a lectura necesitas compartilo con alguén e á vez de debatir sobre o acontecido. Ao día seguinte da súa lectura non parabamos de comentala, isto considero que debe ser bo, pois non aconteceu con outras lecturas obrigatorias destes 4 anos.