7/4/11

Papel de MULLER de Papel: Participación.

O equipo de biblioteca e os MQs estamos sumamente agradecidos pola resposta amosada polos autores, profes e exprofes aos que nos diriximos para pedirlles a súa colaboración no proxecto co que celebramos o 100 Aniversario do Día da Muller: "Papel de MULLER de Papel".

No caso de moitos dos escritores que colaboran neste proxecto, dicirvos que aos rapaces lles fascinou a vosa cercanía nas mensaxes que intercambiáchedes.

Solicitámosvos unha recomendación de lectura con protagonista e/ou autora feminina e pregámosvos que nos enviarades unha foto e que nos explicásedes brevemente por que escollerades ese título. As nosas espectativas resultaron desbordadas. Os autores recomendados pertencen a máis de 15 nacionalidades diferentes. Entre a escolma hai novela, poesía, diarios, epístolas... 

En breve montaremos a exposición e vola mostraremos desde aquí, mentres, e por se estades buscando qué ler, aquí tedes unhas marabillosas suxestións.

Como aínda non temos o poemario "Todas as mulleres que fun" de Andrea Nunes Brión recomendado por Sechu Sende, vos deixamos esta videocreación cun dos seus poemas.

Videocreación "Todas As Mulleres que fun" from as candongas do quirombo on Vimeo.

1 comentario:

LuciLF dijo...

Qué interesante :) Grazas!