14/4/11

Tamén len... con Rosa Vila

Onte tivemos unha sesión de tamén len moi especial. Visitábanos Rosa Vila, exmestra do C.P.I. Altamira donde foi compañeira nosa e profe dunha gran parte de vós, os alumn@s que estades agora en 4ºESO, nada máis e nada menos que durante catro cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Notouse, tanto Rosa como  vós estabades emocionados.

As lecturas estaban cargadas de lembranzas; fragmentos de "Dúas bágoas por Máquina" de Fina Casalderrey, "Aydín" de Jordi Sierra i Fabra e "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas que lérades xuntos daquela.

Rosa tamén nos leu citas sacadas do libro de Michel Barlow "Diario de un profesor novato". Gustoume especialmente unha que dicía: "Un alumno no es un vaso que llenar sino una chispa que encender".

Por último, recomendouvos un libro, "El mundo de Sofía" e  se despediu falando de futuro coas fermosas verbas do poema de Mario Benedetti "Lento pero viene".

   

Logo nós tivemos que marchar e vós quedáchedes en intimidade para compartir fotos e videos de aqueles tempos (para mostra a foto que tedes enriba).
Entrañable, tenra, e tan encantadora como sempre. Foi todo un pracer volverte ter con nós Rosa!.

5 comentarios:

Carmen dijo...

Entrañable día ao carón de Rosa. Foi un "Tamén len" cheo de recordos, emocións...
Os fragmentos que leu fixeron que os seus exalumnos recordásemos máis cousas daqueles anos que pasaron voando.
Un saúdo desde aquí para Rosa, esperamos verte pronto outra vez por aqui, ou como prometimos, ir visitarte proximamente :) Grazas por ese día ao teu lado. Bicos.

yago dijo...

estou con carmen, molou moito...

Rosa Vila dijo...

Foi un día marabilloso, xenial, cheo de tenrura... Houbo rosas vermellas, bombóns e outras lambetadas.

O mellor foi visitar aos mozos e mozas (os meus nenos e nenas), aos compañeiros e compañeiras e incluso
ao edificio e á zona.

Grazas e un bico.

Rosa Vila

biblosvivos@gmail.com dijo...

Grazas a ti por visitarnos, Rosa e ,aínda que sabemos que os ordenadores non te gustan demasido, esperamos verte tamén polo blog de cando en vez. Biquiños.

Lolaila dijo...

Sabia que este dia ía ser especial.
De feito a Carmen e a min non nos pasaban os dias para que chegara ese momento.
Sabia que ía estar cheo de recordos e emocións moi grandes.
Pero cando Rosa comezou o seu ``Tamén Len´´ chegoume aquela imaxe que ainda non fora capaz de recordar, de estar lendo na clase eses mesmos livros
Foi unha sensación rarisima, de verdade.
Unha emoción moi forte de verdade.
Non digo xa cando leches o poema de Mario Venedetti (Lento pero viene) ahi case me desfago.
Rosa, esperamos verte pronto, como ves nos recordamoste sempre.

Un bico mou grande
E moitas grazas a todas aquelas persoas que fixeron posible a visita de R,Vila :)