24/5/11

"Frío" de Laurie Halse Anderson, recomendado por Nerea Suárez

Procedencia da imaxe


Fainos especial ilusión publicar esta entrada porque é a primeira vez que, oficialmente, unha alumna nos recomenda un libro; en realidade llo recomendou a Xoán, o seu profesor de Educación para a Cidadanía, por tratar dun tema tan preocupante e desgraciadamente de moda como é o da anorexia. Agora xa forma parte do listado de libros propostos para esa materia e nós estamos encantad@s de que participedes e nos aconselledes lecturas. 


Sinopse: 

A protagonista, Lía, repítese constantemente que non debe comer. Na súa vida só hai sitio para contar calorías e para facer exercicio cando a obrigan a inxerir unha cantidade de alimentos que ela considera demasiada, sempre.
A súa amiga Cassie, coa que chegou ao terrible pacto de converterse na máis delgada do instituto morreu; ésta perséguea en soños porque quere levala con ela, non quere estar soa do outro lado.
Lía ten unha oportunidade, pode coller a man daqueles que lla ofrecen: seus pais, a súa irmá pequena, pode aceptar o consello dos médicos, pero non será ata que toque fondo cando poda recobrar a ilusión por unha vida que se lle escapa das mans.

"É unha historia emocionante, cun toque de fantasía que fará que te internes no mundo real".
Nerea Suárez 2ºB

7 comentarios:

Mar 1ºC dijo...

Cuando tenga tiempo lo leo, parece interesante y entretenido :)

Lara ^^ dijo...

Puede que este bien, perece interesante ^^
E como é iso de que é a primeira vez que unha alumna recomenda un libro eh eh, voume sentir ofendida :P
Eu lle prestara un libro a Ana :3
xD pois nada, só me pasaba para ver como andabades e deixar un saudo :)
Un saudo pois xD

ana dijo...

Lariña!!!! Que ben que te pases, pero non te me ofendas... puxen "Oficialmente" porque Nerea fixo ela a reseña...Para nada esquecín a túa recomendación de Willow (o que non recordo é se se escribía así).
Teño ganas de verte!

Lara ^^ dijo...

Eu tamén quero vervos, inda que agora ando con exames finais jejej
deixei un comentario tamén na homenaxe a Lois Pereiro :)
E sinto moito o de Indalecio, Ana, sei que ti o tiñas en moito aprecio :/ , para calquera cousa tes todo o meu apoio, que o sepas.
Un bico.

ana dijo...

Grazas, si para min é unha perda importante como compañeiro e como persoa, prefiro pensar no afortunada que fun de coñecelo e de aprender de el.
Moitos bicos!!

ana dijo...

Ah! (isto de usar os comentarios como mail...) cando podas mándanos ao correo do blog un par de fotos da expotaku, porque Yago fala moito pero nada máis...

Isabel Fernández dijo...

El libro es increible a mi me encanto.