Como cada ano, o venres 20 de maio, levamos a cabo o maratón de lectura que forma partes das actividades de celebración do Día das Letras Galegas. Iniciou o maratón o alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a continuación, en turnos de 5 minutos, foron lendo profesores/as, limpadoras e alumnos/as voluntarios.
Tamén contamos coa participación dos mestres Español e José Luís, xa xubilados pero que se conservan coma nenos, non hai máis que ver a seguinte foto!
O libro escollido nesta ocasión foi "Merlín e familia" de Álvaro Cunqueiro pois queríamos conmemorar o 100 aniversario do seu nacemento.
5 comentarios:
mira ke ai que ter janas
Dous adultos nenos, ou dous nenos adultos. Neste caso estamos falando de José Luís e de Español.
Atentos á mirada do "profe" de turno, na maratón de lectura co galo das Letras Galegas.
Desexo seguir participando nestas actividades que me seguen unindo, aínda que xubilado,a miña longa vida docente.
Saudos.
E nós esperamos e desexamos que o sigades facendo! Temos moito aínda que aprender de/con vós. Un bico.
Paula: grazas pola vosa participación entusiasta e o voso cariño.
estiven no acto pero non lendo senon asistindo como pulico
pareceume moi ben que hubera xente que pola súa bontade quixera leer
felicito as coordinadoras de la biblioteca biblosvivos
un saudo cordial
Publicar un comentario