3.
A CARTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA: TRIANGULACIÓN, NOVAS PROXECCIÓNS,
CURVAS DE NIVEL
TRIANGULACIÓN
Método matemático
para determinar a posición exacta dun punto mediante as súas coordenadas, a
partir duns puntos coñecidos chamados vértices xeodésicos, que se sitúan nas
cumes dos montes para poder verse uns
dende outros. Así, cuns aparellos chamados teodolitos mídense os ángulos entre
as visuais, e tendo medida con moita exactitude unha liña base sobre o terreo,
pódense calcular por trigonometría
tódolos lados dos triángulos.
OS CASSINI
No século XVIII a familia
Cassini realizou o primeiro mapa baseado na triangulación xeodésica e o
primeiro mapa nacional (Francia) completado sistematicamente, seguindo un
encargo do rei Luís XV.
LAMBERT
No mesmo século, Lambert
-matemático, físico, filósofo...- ideou unha proxección cónica moi adecuada
para representar as latitudes medias. Emprégase actualmente nas cartas
aeronáuticas entre as latitudes 72º N e S.
HALLEY
Despois
de recorrer as costas do sur de África e América publicou un mapa da declinación
magnética da Terra, con curvas isógonas; procedemento utilizado en mapas
posteriores para representar a altitude (curvas de nivel).
4.
O NACEMENTO
DAS
INSTITUCIÓNS XEOGRÁFICAS
CONTEMPORÁNEAS
E OS MAPAS TOPOGRÁFICOS
A comezos do século XIX só
Francia tiña levantado un mapa topográfico nacional, o realizado pola familia
Cassini. Despois das guerras napoleónicas e ao par do establecemento de
gobernos liberais, estes foron conscientes das utilidades militares, catastrais
e de administración pública que ofrecían os mapas topográficos. Así que procederon á súa realización. Neste
labor tiveron protagonismo os enxeñeiros militares e as institucións civís
creadas ao efecto, como o ORDENANCE SURVEY, no Reino Unido, en 1791, o primeiro
centro cartográfico do mundo; ou o
SERVIZO XEOGRÁFICO DO EXÉRCITO en Francia (convertido en INSTITUTO XEOGRÁFICO
NACIONAL en 1940) e o INSTITUTO
GEOGRÁFICO Y ESTADÍSTICO en España (1875).
5
A FIXACIÓN DO MERIDIANO 0º
Así como dende a época de
Ptolomeo foi relativamente fácil fixar a latitude a partir do ecuador mediante
observacións astronómicas, non ocorreu así coa lonxitude, sen unha liña de
partida fixa. En
1634 un congreso de matemáticos e astrónomos reunido en París indicou que o
meridiano orixe debería ser o que pasase polo extremo occidental da illa
canaria de El Hierro. Os franceses, sen embargo, fundaron máis tarde no
mesmo século o Observatorio astronómico de París e o seu meridiano foi a
referencia para a elaboración do mapa de Cassini. Igualmente os ingleses
fundaron o Observatorio de Greenwich. Estes observatorios, coas súas horas
solares, tomáronse como referencia no século XIX para fixar as respectivas
horas oficiais, por razóns comerciais e de transporte (para establecer os
horarios dos ferrocarrís principalmente). Iguais problemas se plantearon
noutros países e para as comunicacións internacionais. Así que en 1884, no
Congreso Internacional do Meridiano celebrado en Washington, delegados de
vintecinco países acordaron establecer como meridiano 0º o meridiano de
Greenwich, prevalecendo os intereses comerciais e imperiais do Reino Unido. (Na foto, os delegados asistentes
ao Congreso)
No hay comentarios:
Publicar un comentario