14/7/17

Exposición: MAPAS / CARTOGRAFÍA (Terceira parte)




SEGUNDA PARTE:
 O MAPA TOPOGRÁFICO NACIONAL


O mapa topográfico é o mapa base dun país. Está feito en escalas grandes: 1:50000 e  1:25000. Nel recóllese unha amplísima e detallada información sobre o territorio que abrangue os detalles de situación (latitude e lonxitude precisas; proxección e coordenadas UTM), altitude sobre o nivel do mar e orografía (sinaladas coas curvas de nivel), cursos de auga grandes e pequenos, edificacións e espazos urbanizados, usos do solo, límites administrativos, estradas, ferrocarril, toponimia, etc. As explicacións seguintes están referidas ao mapa 1:25000.

1.COORDENADAS DE LATITUDE E LONXITUDE EN GRAOS, MINUTOS E SEGUNDOS. 




2.PROXECCIÓN UTM (UNIVERSAL TRANSVERSA DE MERCATOR
 


A UTM (UNIVERSAL TRANSVERSA DE MERCATOR) É UNHA PROXECCIÓN CILÍNDRICA PERO CO CILINDRO TANXENTE A UN MERIDIANO EN VEZ DE AO ECUADOR.
EMPRÉGASE PARA LATITUDES INFERIORES A 80º (NORTE E SUR).
DIVÍDESE A TERRA EN 60 FUSOS E 20 ZONAS OU BANDAS:


 



CADA FUSO ABRANGUE 6º DE LONXITUDE.
NUMÉRANSE DE OESTE A LESTE COMEZANDO POLO MERIDIANO DOS 180º (ANTEMERIDIANO).
A PENÍNSULA IBÉRICA ESTÁ ENTRE OS FUSOS 29, 30 E 31.
CADA BANDA OU ZONA (HORIZONTAL) ABRANGUE 8º A PARTIR DO ECUADOR E DENOMÍNANSE CON LETRAS, DENDE O “C” ATA O “X” (EXCLÚENSE O “I”, O “O” E O “Ñ”.
NO NOSO MAPA EXEMPLO, OS NÚMEROS DA DEREITA (EN VERTICAL) INDICAN A DISTANCIA AO ECUADOR EN QUILÓMETROS:
4661=4661 Km
OS NÚMEROS EN HORIZONTAL INDICAN A DISTANCIA EN Km Á MARXE OESTE DO FUSO (ENTRE 12º W E 6º W NO NOSO CASO), POLO TANTO A DISTANCIA AO MERIDIANO DOS 12º W.
538=538 Km




                          3. ESCALA NUMÉRICA E GRÁFICA
 





                  4. ALTITUDE: CURVAS DE NIVEL
 




                     5. LENDA
 


No hay comentarios: